FORMACIÓN
CURSOS
O III PRICIT Doctoral Workshop convoca a todo o persoal doutoral interesado a presentar as súas propostas de investigación para a súa revisión e retroalimentación.
As propostas de investigación deben incluír, normalmente, a seguinte estrutura:
- Introdución/enunciado do problema/definición.
- Breve revisión bibliográfica.
- Desenvolvemento conceptual.
- Metodoloxía proposta.
- Resultados previstos.
Cada presentación someterase a un proceso de revisión. Acéptanse tanto as ideas en fase inicial coma os proxectos máis avanzados, pero deben estar o suficientemente desenvolvidos como para que a retroalimentación poida ser útil.
O Workshop tamén ofrece dous debates principais, e a oportunidade de recibir asesoramento sobre a elaboración da estratexia máis eficaz para a redacción e presentación de traballos en revistas de prestixio.
A actividade é gratuíta (as comidas e cafés están incluídos) e é posible asistir sen presentar ningún traballo. O alumnado de doutoramento nas fases iniciais, que aínda non teña desenvolvido unha proposta, tamé será benvido, e se lle anima a asistir.
Datas importantes:
Todas as solicitudes serán en inglés e deben ser enviadas a nun único arquivo de PDF. As dúbidas poden ser enviadas ao mesmo email.
- Data límite para envío de propostas: 15 de febreiro de 2023
- Notificación de aceptación: 28 de febreiro de 2023
10:00 am – 11:00 am | Lucas López-Manuel (Universidade de Vigo) | On the paradox of green regulation: does it really nurture first-mover advantages?
Retruque: Bárbara Larrañeta |
11:00 am – 12:00 am | Lucio Fuentelsaz (Universidad de Zaragoza) | Speed of pro-market reforms and entrepreneurial innovation.
Retruque: Xosé H. Vázquez |
12:00 am – 12:30 am | Café |
12.30 am – 13:30 pm | Bárbara Larrañeta (Universidad Pablo de Olavide) | To each his own: signal portfolios on the value of employees for newly public ventures and different investors decisions.
Retruque: Miguel G. Loureiro |
13.30 am – 14:30 pm | Virginia Hernández (Universidad Carlos III) | Data-driven technologies, participation in global value chain and sustainable operations. Do size and age matter?
Retruque: Lucio Fuentelsaz |
14.30 am – 16:00 pm | Xantar |
16:00 pm – 17:00 pm | Xosé H. Vázquez (Universidade de Vigo) | The limits of institutional pressures: how corporations bypass the costs of normative deviance in climate change action.
Retruque: Juan P. Maícas |
17:00 pm – 18:00 pm | Juan P. Maícas (Universidad de Zaragoza) | A journey to SMJ through the review process with(out) a happy ending. |
PROFESORES: Pablo Coello Pulido, Economista, analista de datos, desarrollador e investigador en Opseeker y Beway, e Francisco Camiña Ceballos, biólogo e doutor en xenética humana pola USC
Temario
Primera parte: elementos básicos de programación en Python
Cunha duración estimada de 6 horas (3 sesións de 2 horas) de clase máis unha de tutorías. As clases consisten nunha primeira parte de teoría exemplificada con exercicios resolots polo profesor.
Aparte, entregaranse aos alumnos exercicios (coas súas solucións) para complementar o temario e practicar entre sesións. No caso de ter dúbidas sobre os exercicios poderanse consultar por email aos profesores ou na sesión de tutorías.
A sesión de tutorías está pensada para resolver dúbidas tanto das clases como dos ejercicios.
Apartados do temario:
- Introducción e set up
- Elementos básicos
- Condicionais
- Estruturas de datos en Python
- Bucles
- Funcións
Segunda parte: Numpy y pandas
Cunha duración estimada de 6 horas (3 sesións de 2 horas). A mecánica das clases é similar á da primeira parte: Teoría e exercicios resoltos polo profesor en clase e exercicios con solucións para practicar entre sesións.
Ao final desta parte propondrase un pequeno proxecto para que resolvan os alumnos. Explicarase durante a última hora da terceira sesión desta parte, entregarase coa súa solución (o unha posible solución) e a última sesión do curso consistirá en 2 horas de tutorías para solucionar dudas sobre o proxecto e a segunda parte do curso.
Apartados do temario:
- Series: ¿Qué son? e métodos
- Dataframes: introdución
- Múltiples dataframes
- Dataframes: principáis métodos.
- Visualización
- Proxecto
Horizonte Europa – ERC Consolidator Grant 2023
Webinarios para a preparación de propostas á convocatoria Consolidator Grant 2023
Nos próximos días, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) van organizar varios seminarios para dar apoio na preparación de solicitudes para a convocatoria ERC Consolidator Grant 2023.
A convocatoria Consolidator Grant 2023 está aberta a investigadores e investigadoras de calquera nacionalidade que conten con 7 a 12 anos de experiencia desde a finalización do seu doutoramento. O financiamento estándar cubre ata 2 millóns de euros por un período de 5 anos, cubrindo ata o 100% dos custos totais elixibles e unha contribución do 25% dos custos indirectos.
O programa Efervesciencia que se emite na Radio Galega e producido pola USC organiza unha nova edición do obradoiro para investigadores titulado “Comunicar ciencia na radio”.
O obradoiro terá lugar nos estudios da radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o xoves 23 de xuño pola mañá.
Toda a información sobre este obradoiro pode consultarse aquí.
A inscrición realízase a través deste formulario
O obradoiro “Comunicar ciencia na radio” enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 21” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación
Xoves e venres 9 e 10 de xuño
CURSO PRESENCIAL E STREAMING
DIRECTOR: J. JOSÉ PERNAS GARCÍA.
Profesor de Dereito administrativo. UDC
La nueva Ley de residuos y economía circular se aprobó el pasado 31 de marzo. Su impacto va a ser muy relevante tanto en las administraciones públicas, responsables de la prevención y gestión de residuos, como en el sector privado, que va a tener que adaptarse a un nuevo marco normativo, con implicaciones económicas y organizativas muy relevantes, por lo que entendemos que el curso va a ser de gran interés para diversos y cualificados profesionales del sector de los residuos (puesto de alta dirección y técnicos de la administración local y autonómica, abogados especializados, consultores ambientales, técnicos de las empresas de gestión de residuos, personal de empresas públicas, consorcios y mancomunidades de gestión de residuos, etc.).
Con todo, el curso está dirigido a todos los interesados en el conocimiento y estudio de las políticas y la regulación en materia de residuos y economía circular: estudiantes, entidades sin ánimo de lucro, público en general, etc.
INFORMACIÓN Y MATRÍCULAS:
http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=657I&anyaca=2022-23
Secretaría de Alumnos de la UIMP
Fundación Luis Seoane C/ San Francisco nº 27, 15001 – A Coruña
Teléfono 981 140 830
Correo electrónico:
Importe matrícula: 90 € (70 € de tasas académicas + 20 € de tasas de secretaría)
Reducciones de precio: consultar en la web uimp.es
PLAZAS LIMITADAS
DÍPTICO DO CURSO NESTE ENLACE
Curso de 10 horas dirixido ó profesorado da Universidade de Vigo que terá lugar, en modalidade virtual, entre o 30 de maio e o 8 de xuño.
María Loureiro García, catedrática de Fundamentos de Análisis Económico, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade de Santiago de Compostela, e académica numeraria electa da RAGC. Directora científica de ECOBAS
“A cidadanía ante o cambio climático: aspectos socioeconómicos”
O cambio climático é un dos fenómenos máis globais e preocupantes ós que se enfronta a cidadanía no século XXI. Nesta presentación analízase como os sentimentos cara o cambio climático se expresan e se transmiten a nivel mundial e xeran posibilidades de aplicacións de políticas de mitigación e adaptación nos distintos continentes. En liñas xerais, cada vez hai máis conciencia a nivel mundial sobre a aparición do cambio climático e as súas consecuencias económicas e sociais; isto ocorre de maneira especial en países que recentemente experimentaron acontecemientos extremos. Para realizar esta análise empregamos unha base de datos que contén máis de 100 millóns de rexistros de conversacións en Twitter a nivel mundial desde o ano 2019 ata a actualidade.
Por proximidade, centrámonos no caso europeo e analizaremos de forma causal, con aplicacións empíricas microeconométricas, cómo a transición enerxética e as súas consecuencias nos prezos da enerxía afectan á percepción sobre a necesidade da política climática.
Ante calquera dúbida pódese contactar co Servizo de Cohesión Social e Xuventude en
Curso de 20 horas organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS. Desenvolverase na Escola Universitaria de Estudos Empresariais, en Vigo, do 29 de marzo ó 1 de abril.
Curso de 20 horas organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS. Desenvolverase na Escola Universitaria de Estudos Empresariais, en Vigo, do 22 ó 25 de marzo.
Con este curso organizado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, en colaboración con Enxeñaría sen Fronteiras e Amigos da Terra, quérese dar a coñecer os impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e noutras zonas do mundo, onde algunhas das sesións serán encontros que se realizarán aproveitando as visitas de mulleres activistas de Honduras. A través da súa testemuña visibilizarase o papel das mulleres na defensa da terra e na promoción de alternativas produtivas baseadas na economía social.
Inscricións ata o 17 de febreiro
Sobre a ensinanza do Process Mining, dirixido ó mestrado de todo o mundo.
Rexistro en https://www.celonis.com/acal-ttt/
Neste curso gratuito para alumnado e persoal investigador das universidades, ofrecido por Celonis, aprenderás sobre Process Mining, tanto dende unha perspectiva teórica coma aplicada. As inscricións están abertas ata o 20 de febreiro.
En caso de dúbida, contacta con
Curso online organizado por AicoGestión para coñecer os conceptos básicos de PLS e poder aplicalos de
forma autónoma a unha investigación empregando o software SmartPLS.
Actividade formativa de acceso libre (previa inscrición) para aprender a elaborar un plan de empresa, enfocado á creación de entidades de tipo cooperativo.
Actividade formativa de acceso libre (previa inscrición) para iniciarse no coñecemento do modelo cooperativo e a economía social.