Aviso Legal

O USUARIO que accede e usa esta páxina web coñece e acepta as condicións xerais aquí redactadas, e as modificacións que se produzan, debendo acceder periodicamente a estas para o seu coñecemento.

A páxina web comprende os textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías e software incluídos na mesma, xa sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual.

PRIMEIRA.- TITULAR DA WEB

ECONOMICS AND BUSINESS ADMINISTRATION FOR SOCIETY (en diante, ECOBAS), centro de investigación interuniversitario creado no seo da Universidade de Vigo, a cal é titular do dominio http://ecobas.webs.uvigo.es, www.ecobas.es e www.ecobas.gal. ECOBAS é unha entidade con domicilio social en Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – Campus de Vigo, 36310, Vigo, España a efectos de notificacións, con C.I.F. Q-8650002B, e pode ser contactado a través da dirección de correo electrónico

SEGUNDA.- OBXECTO DA WEB

ECOBAS pon a disposición do público (en diante USUARIO), que acceda aos dominios, https://ecobas.gal/, https://ecobas.es e http://ecobas.webs.uvigo.es (en diante WEB), información e datos (en adiante CONTIDOS), mediante unha web de carácter informativa.

TERCEIRA.- ACCESO Á WEB

O acceso e uso da WEB polos usuarios é gratuíto, sen previa autorización, subscrición ou rexistro.

O acceso e uso do USUARIO a esta WEB non implica ningunha obrigación sobre a calidade e velocidade do acceso por parte de ECOBAS, que poderá modificar as condicións de acceso ou suspender o acceso á WEB, ou parte dela, sen previo aviso, non responsabilizándose ECOBAS das consecuencias, danos e prexuízos ocasionados pola modificación do acceso e a suspensión da WEB.

O hardware e software necesarios para acceder á WEB serán por conta dos USUARIOS. ECOBAS non será responsable do funcionamento nin das consecuencias destes, nin dos dereitos de uso ou licenzas requiridos para a súa utilización.

Tampouco será responsable ECOBAS de ningunha anomalía, mal funcionamento, deterioro, borrado de datos ou software que se produza nos equipos ou sistemas dos USUARIOS, coma consecuencia directa ou indirecta do acceso ou intento de acceso á WEB.

O servizo prestado por ECOBAS mediante a súa WEB é por tempo indefinido, sen prexuízo de poder suspenderse ou cancelarse esta sen previo aviso.

CUARTA.- CONTIDOS DA WEB

Os CONTIDOS da web son proporcionados por ECOBAS.

O idioma utilizado por ECOBAS na WEB será o Galego, sen prexuízo da utilización doutras linguas internacionais, nacionais ou autonómicas. ECOBAS non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma da WEB polo usuario, nin das súas consecuencias.

ECOBAS poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da WEB, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación algunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar aos usuarios.

Son propiedade de ECOBAS todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual da WEB, así como dos contidos que alberga. Calquera uso da WEB ou os seus contidos deberá ter un carácter exclusivamente particular. Está reservado exclusivamente a ECOBAS, calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da páxina web, así como desta mesma, polo que ningún USUARIO poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito de ECOBAS.

Prohíbese o uso dos contidos da WEB para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización de ECOBAS nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición dos usuarios, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.

As ligazóns ou hiperenlaces que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta WEB, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra de ECOBAS.

ECOBAS non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hiperenlaces que se incorporen na WEB para a apertura doutras. ECOBAS non garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder o USUARIO por medio destas ligazóns, nin do bo funcionamento destas webs.

QUINTA.- USUARIOS DA WEB

Os usuarios que accedan á WEB de ECOBAS farano conforme á Lei, e obríganse en todo momento a non acceder á web e aos contidos de forma contraria á establecida e/ou con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan danar, deteriorar, saturar ou retardar a web, en prexuízo de ECOBAS ou de terceiros usuarios.

Os usuarios non farán uso dos contidos da WEB de forma contraria á Lei, (especialmente a Lei de Propiedade Intelectual e Industrial) usos e costumes e orde público, nin copiarán, distribuirán, difundirán, transformarán, modificarán ou manipularán estes.

ECOBAS non dispón na súa WEB de produtos ou servizos a disposición dos usuarios onde estes deban introducir calquera tipo de contidos ou información, como poden ser grupos de noticias, chat, foros ou outros de carácter similar.

O acceso aos contidos da WEB por parte do USUARIO será baixo a súa total responsabilidade non podendo repercutir a ECOBAS calquera consecuencia derivada directa ou indirectamente do acceso á web, xa sexan de ámbito físico, lóxico, moral ou persoal.

ECOBAS poderá responsabilizar aos usuarios que facendo un mal uso da WEB, causasen danos ou prexuízos a terceiras persoas, así como dos posibles virus ou programas informáticos que puidesen introducir, xerar, aloxar na web, e deterioren ou poidan deteriorar tanto os contidos como o bo funcionamento desta, así como os equipos, sistemas e programas dos usuarios da web.

ECOBAS poderá dirixirse contra os usuarios sobre todas as reclamacións, indemnizacións, multas ou sancións administrativas que recaesen sobre ECOBAS e sexan responsabilidade directa ou indirecta dalgún USUARIO dos contidos ou servizos da WEB.

Todos os usuarios que coñezan algunha actuación que estea a deteriorar ou poida deteriorar o bo funcionamento da WEB de ECOBAS modificar ou alterar os contidos desta, deberán comunicalo inmediatamente a ECOBAS.