FILOSOFÍA

MISIÓN

Mediante o desenvolvemento dunha investigación de excelencia e de fronteira, a interdisciplinariedade, a formación de calidade e o establecemento de alianzas estratéxicas, ECOBAS ten a misión de converterse nun centro de investigación de excelencia en ciencias sociais que contribúa a dar resposta aos grandes retos e desafíos da sociedade na súa dimensión económica, social e ambiental.

VISIÓN

Nas próximas décadas aspiramos a ser un referente internacional no desenvolvemento de novos paradigmas e metodoloxías para o estudo da sostibilidade económica, social e ambiental, achegando un coñecemento especializado e rupturista para a toma de decisións e a xestión dos grandes desafíos da sociedade.

VALORES

Os valores de ECOBAS están aliñados cos principais mandatos e tratados internacionais, como son o European Charter for Researchers, os principios da Investigación e a Innovación Responsable (RRI), ou os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible (ODS):

Excelencia

O obxectivo de ECOBAS é alcanzar a máxima excelencia en todas as súas actuacións, contando para iso con sistemas de selección, supervisión e avaliación que garanten a máxima calidade, tanto no referido aos recursos humanos que integran o Centro, como ás actividades e prácticas que se desenvolven nel.

Independencia académica

Os membros que conforman o Centro de Investigación gozan de total liberdade para elixir as súas liñas de traballo e para tomar as súas propias decisións á hora de establecer as alianzas estratéxicas que consideren oportunas para levalas a cabo, sempre baixo principios éticos, de responsabilidade profesional, e de boas prácticas.

Colaboración e interdisciplinaridade

O Centro porá en práctica programas e accións que contribúan a fomentar a colaboración dos seus membros (tanto entre eles como con outros profesionais do campo que non formen parte do Centro), con outros centros de investigación de distintos ámbitos científicos, con entidades como administracións ou empresas, e coa sociedade en xeral.

Ética, transparencia e bo goberno

ECOBAS ten o firme compromiso de actuar en todo momento de forma ética e transparente, fomentando a comunicación das súas actuacións, tanto interna como externamente, informando de todas elas, e actuando baixo os máis altos estándares de calidade no referente aos protocolos e á gobernanza.

Igualdade

O Centro ten un amplo compromiso cos valores de igualdade de oportunidades, igualdade de trato e non discriminación por razóns de xénero, idade, condición social, relixión ou calquera outra. Fomentaranse as prácticas que axuden a reducir estas desigualdades, tanto no seo da organización como no conxunto da sociedade.

Ciencia por e para a sociedade

ECOBAS promoverá a participación de todos os actores sociais (administración, empresa, tecido asociativo, cidadanía…), para garantir que as actividades desenvolvidas respondan ós problemas e necesidades reais da sociedade, fomentando a utilización de metodoloxías inclusivas e participativas en todas as etapas do proceso de investigación e innovación.

Aliñamento cos grandes retos globais

As liñas estratéxicas de ECOBAS no referente a investigación, innovación, transferencia de coñecemento e formación terán en conta as necesidades e recomendacións recollidas nos pactos rexionais (como as Estratexias de Especialización Intelixentes RIS3 y RIS3T), nacionais (como a Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía, EECTI) e internacionais (como as prioridades da Unión Europea no novo período de financiamento 2021-2027, e os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible).