cátedras

En conexión coa nosa contorna

Cátedra ARDÁN

UVigo e Consorcio Zona Franca de Vigo

Xestionada en colaboración con investigadores de ECOBAS, o seu obxectivo é contribuír a crear sinerxias enfocadas en xenerar e difundir coñecemento actualizado sobre a economía de Galicia e o desempeño do seu tecido empresarial, creando ademais mecanismos para unha vixiancia máis eficaz cara a un desenvolvemento socioeconómico sostible.

CÁTEDRA ECONOMÍA DA CIBERSEGURIDADE – USC-INCIBE

Co Instituto Nacional de Ciberseguridade

Codirixida por María Bastida e Miguel Vázquez Taín, esta cátedra financiada por Unión Europea NextGeneration, PRTR a través de INCIBE, nace como unha iniciativa multidisciplinar que busca abordar as complexidades da seguridade dixital dende unha perspectiva integral e liderar o diálogo entre tecnoloxía, dereito e sociedade.

Cátedras da Empresa Familiar galega

UDC, USC e UVIGO, coa Asociación Galega da Empresa Familiar

Promoven a docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento sobre as características diferenciais das empresas familiares e as distintas problemáticas que afectan á súa xestión e crecemento, a través do establecemento de sinerxias entre o mundo empresarial e as universidades galegas.

  • Na UDC, dirixida por María Berta Rivera.
  • Na USC, baixo a dirección de Luis Otero.
  • Na UVigo, dirixida por Elena Rivo.

CÁTEDRA GREENALIA-UDC PARA A TRANSICIÓN ENERGÉTICA

Dirixida por Fernando de Llano, esta cátedra promove a investigación, a divulgación e a transferencia de coñecemento sobre o impacto do cambio climático, o proceso de descarbonización e a transición enerxética, con especial atención aos seus efectos en Galicia. Ademais, ten o obxectivo de impulsar ao talento nestas materias, contribuíndo a creación de emprego verde, que cada vez precisará de máis e mellores especialistas.