Política de privacidade
Responsable do tratamento
- Titular: ECOBAS – ECONOMICS AND BUSINESS ADMINISTRATION FOR SOCIETY – Universidade de Vigo (en adiante, ECOBAS)
- Domicilio social: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – Campus de Vigo, 36310, Vigo, España
- CIF: Q-8650002 B
- Teléfono: 986 81 87 41
- E-mail:
Categoría de datos e finalidade do tratamento
ECOBAS trata as seguintes categorías de datos:
- Datos identificativos: nome, apelidos, dirección de correo electrónico, teléfono e consulta.
ECOBAS trata as categorías de datos anteriormente mencionadas coas seguintes finalidades:
- Datos recadados a través do formulario de “Contacto”
- Xestionar a petición ou consulta que realice.
Se vostede consinte, marcando a opción correspondente, remitirlle periodicamente comunicacións electrónicas sobre servizos, eventos e noticias relacionadas coa nosa actividade profesional, salvo que se indique o contrario ou o usuario se opoña ou revogue o seu consentimento.
Datos recadados a través do formulario de “Colaboramos?”
- Responder á súa petición de colaboración
Se vostede consinte, marcando a opción correspondente, enviaráselle o boletín ECOBAS, así coma información de interese sobre as actividades do centro
Datos recadados a través do formulario de “Subscríbete á info de ECOBAS”
- Incorporar o seu correo electrónico na nosa lista de distribución e poder así enviarlle o boletín ECOBAS, así coma información de interese referente ós temas que nos ocupan.
Datos recadados a través do formulario da sección “Déixanos o teu currículo”
- Contactar con vostede e ofrecerlle un posto laboral, se xurde, para traballar con nos.
- Informarlle de ofertas de emprego activas na nosa organización ou en organizacións relacionadas co noso sector.
Se vostede consinte, marcando a opción correspondente, enviaráselle o boletín ECOBAS, así coma información de interese sobre as actividades do centro
Os datos persoais solicitados son obrigatorios, de tal forma que a negativa para fornecelos suporá a imposibilidade de levar a cabo a prestación dos servizos contratados.
O usuario garante que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga. No caso de que o usuario facilite datos de terceiros, manifesta contar co consentimento dos mesmos e comprométese a trasladarlle a información contida nesta cláusula, eximindo a ECOBAS de calquera responsabilidade neste sentido.
Duración
ECOBAS conservará os datos persoais dos usuarios unicamente durante o tempo necesario para a realización das finalidades para as que foron recollidos, mentres non revogue os consentimentos outorgados. Posteriormente, en caso de ser necesario, manterá a información bloqueada os prazos legalmente establecidos.
No caso concreto dos Currículos e datos persoais recibidos a través do formulario correspondente, en caso de non ser seleccionados, estes gardaranse por un período non superior a 24 meses.
Medidas de seguridade
ECOBAS adoptou todas as medidas legalmente requiridas para a protección de datos persoais. Así mesmo, implantou todos os dispositivos técnicos ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso ou o roubo dos datos persoais facilitados polos usuarios da Web.
Lexitimación para o tratamento dos seus datos
A lexitimación por parte de ECOBAS para levar a cabo o tratamento dos datos dos usuarios é a propia da relación con nos.
Destinatarios dos seus datos
Informámoslle que os seus datos non serán cedidos a ninguén.
Dereitos dos usuarios
Pode enviarnos un escrito a ECOBAS, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – Campus de Vigo, 36310, Vigo, España, ou a través da dirección de correo electrónico , solicitando, en calquera momento e de maneira gratuíta, achegando unha fotocopia dun documento identificativo válido, os seguintes dereitos:
- Revogar os consentimentos outorgados.
- Acceder aos seus datos persoais.
- Rectificar os datos inexactos ou incompletos.
- Solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
- Obter de ECOBAS a limitación do tratamento dos datos cando se cumpra algunha das condicións previstas na normativa de protección de datos.
- En determinadas circunstancias, e por motivos relacionados coa súa situación particular ao tratamento dos seus datos, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. ECOBAS deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos, ou no exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
- Solicitar a portabilidade dos seus datos.
En todo caso, a persoa interesada poderá dirixir a súa solicitude ao delegado de protección de datos no correo electrónico .
Dirixirse ante a Axencia Española de Protección de Datos, cando o interesado considere que ECOBAS vulnerou os dereitos que lle son recoñecidos pola normativa aplicable en protección de datos.