ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un centro de investigación interuniversitario no eido da sostibilidade económica, ambiental e social:

Creado para buscar respostas aos grandes retos e desafíos da sociedade actual

Integrado por investigadores e investigadoras en ciencias sociais das tres universidades galegas

Aliñado cos principios e valores de:

AXENDA CIENTÍFICA

Sobre os piares do medio ambiente, a sociedade e as institucións, establecemos as 12 prioridades da nosa Axenda Científica:

MEDIO AMBIENTE


Economía do cambio climático


Transición enerxética e descarbonización.


Economía da biodiversidade e da conservación.


Economía circular e xestión sostible dos recursos.


SOCIEDADE


Economía da saúde.


Economía da felicidade, do ocio e do deporte.


Equidade, inclusión social e benestar.


Consumo responsable e comportamento dos/das consumidores/as.


INSTITUCIÓNS


Economía pública e economía rexional e espacial.


Innovación e estratexia cultural empresarial.


Banca e finanzas sostibles.


Organizacións en cambio.


COÑECEMENTO CON UTILIDADE SOCIAL

Traballamos para xerar coñecemento científico excelente con vocación de utilidade social co fin de:

COÑECEMENTO CON UTILIDADE SOCIAL

Traballamos para xerar coñecemento científico excelente con vocación de utilidade social co fin de:

Exercer un liderado científico nas ciencias sociais e no estudo da sostibilidade a través da diferenciación, da especialización e da investigación de fronteira.

Captar e potenciar o talento científico en ciencias sociais en Galicia para apoiar a nova xeración de persoas investigadoras nos eidos da economía e da empresa.

Fomentar a formación de calidade e establecer alianzas cos centros internacionais de referencia.

Impulsar a explotación dos resultados da investigación e a transferencia de coñecemento, tanto ao sector público como ao privado.

Promover políticas públicas en materia de novas regulacións, marcos fiscais e servizos públicos.

Potenciar a innovación a través da cooperación con entidades públicas, privadas e non gubernamentais.

Contribuír a unha explotación responsable dos recursos para acadar o desenvolvemento sostible das empresas e das comunidades locais.