ECOBAS
ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade nun senso amplo, é dicir, tanto económica, coma ambiental e social. Integrado por persoal investigador e docente das tres universidades galegas, desenvolvemos os nosos estudos dende o eido das ciencias sociais, principalmente a Economía e a Empresa.
O Centro da continuidade á Agrupación Estratéxica do mesmo nome, nacida no ano 2015, e que foi a primeira unidade de investigación supragrupal en ciencias sociais e a única interuniversitaria en Galicia ata o ano 2020.

O plan de traballo de ECOBAS para os vindeiros anos aséntase sobre 6 obxectivos:
Exercer un liderado científico no eido das ciencias sociais a través da diferenciación, a especialización, e a investigación de fronteira
ECOBAS aspira a contribuír ao avance científico do coñecemento e a converterse nun centro de recoñecido prestixio internacional a través da promoción dunha investigación de calidade e a excelencia científica.
Captar e potenciar o talento investigador, asegurando o relevo e o crecemento sustentable do propio centro, e apoiando á nova xeración de investigadores e investigadoras líderes de ECOBAS
‘O talento atrae o talento’ é unha máxima no desenvolvemento da actividade do Centro e no establecemento das nosas estratexias. A incorporación e promoción do persoal investigador de excelencia é a nosa prioridade.
Fomentar e potenciar a formación de calidade e a internacionalización
A capacidade formativa é unha peza fundamental na engrenaxe dun Centro de Investigación coma ECOBAS, sendo moi importante a mellora continua dos plans docentes e de posgrao, a posta en marcha de novas formacións capaces de dar resposta ás necesidades e demandas da comunidade académica e da sociedade, e o establecemento de alianzas cos centros internacionais de referencia.
Promover a visibilidade do Centro e mellorar a súa posición e recoñecemento internacional
Para o recoñecemento de ECOBAS como centro de referencia alén das nosas fronteiras, traballamos en alianzas con outros actores nacionais e internacionais de primeiro nivel, dacordo co establecido no noso plan estratéxico.
Acadar un maior impacto e proxección social
ECOBAS proponse producir coñecemento para dar solucións ós problemas e necesidades da sociedade, desenvolvendo unha investigación aliñada coas prioridades da contorna e coas principais axendas autonómicas, nacionais e europeas, tendo en conta ós axentes socioeconómicos, divulgando e promovendo a actividade do Centro, e despregando unha política de ciencia aberta (open science) que propicie a inclusión e participación da cidadanía.
Establecerse coma un centro de referencia en sostibilidade
ECOBAS converterase nunha marca recoñecida e recoñecible, situándose no campo da investigación, a docencia, a innovación e a transferencia de coñecemento, ata ser unha das principais referencias rexionais, nacionais e internacionais no eido da sostibilidade económica, social e ambiental.
O plan de traballo de ECOBAS para os vindeiros anos aséntase sobre 6 obxectivos:
Exercer un liderago científico no eido das ciencias sociais a través da diferenciación, a especialización, e a investigación de fronteira
ECOBAS aspira a contribuír ao avance científico do coñecemento e a converterse nun centro de recoñecido prestixio internacional a través da promoción dunha investigación de calidade e a excelencia científica.
Captar e potenciar o talento investigador, asegurando o relevo e o crecemento sustentable do propio centro, e apoiando á nova xeración de investigadores e investigadoras líderes de ECOBAS
‘O talento atrae ó talento’ será unha máxima a aplicar no desenvolvemento da actividade do Centro e no establecemento das nosas estratexias, servindo a incorporación e promoción do persoal investigador de excelencia coma reclamo para atraer novo talento.
Fomentar e potenciar a formación de calidade e a internacionalización
A capacidade formativa é unha peza fundamental na engranaxe dun Centro de Investigación coma ECOBAS, sendo moi importante a mellora continua dos plans docentes e de posgrao, a posta en marcha de novas formacións capaces de dar resposta ás necesidades e demandas da comunidade académica e da sociedade, e o establecemento de alianzas cos centros internacionais de referencia.
Promover a visibilidade do Centro e mellorar o seu posicionamento e recoñecemento internacional
O recoñecemento de ECOBAS a nivel internacional, e o establecemento de alianzas con centros de recoñecido prestixio serán aspectos clave a ter en conta no desenvolvemento do noso plan estratéxico.
Acadar un maior impacto e proxección social
ECOBAS proponse producir coñecemento para dar solucións ós problemas e necesidades da sociedade, desenvolvendo unha investigación aliñada coas prioridades da contorna e coas principais axendas autonómicas, nacionais e europeas, tendo en conta ós axentes socioeconómicos, divulgando e promovendo a actividade do Centro, e despregando unha política de ciencia aberta (open science) que propicie a inclusión e participación da cidadanía.
Establecerse coma un centro de referencia en sostibilidade
ECOBAS converterase nunha marca recoñecida e recoñecible, establecéndose no campo da investigación, a docencia, a innovación e a transparencias de coñecemento, ata ser unha das principais referencias rexionais, nacionais e internacionais no eido da sustentabilidade económica, social e ambiental.