RELACIÓN COA CONTORNA

O CENTRO presenta unha nutrida experiencia e traxectoria de traballo e colaboración cunha ampla variedade de actores, que abranguen a empresas e clústeres empresariais, asociacións sen ánimo de lucro, organismos e centros de investigación, administracións públicas e outros.

ECOBAS aspira a ser un motor de cambio, a través da xeración de coñecemento de calidade que axude a resolver os problemas e necesidades da sociedade

Na actualidade ECOBAS participa en catro Cátedras de investigación:

Co Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV)

Con Inditex

Coa Asociación Galega de Empresa Familiar e Inditex

Coa Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia

Apostamos por xerar impacto a través de tres vías:

1

A provisión de posgraduados altamente capacitados, capaces de dar resposta a problemas complexos e contribuír ó desenvolvemento da nosa sociedade.

2

A realización dunha investigación de excelencia, enfocada nos problemas reais do planeta.

3

A oferta de servizos de I+D+i, o asesoramento na definición de políticas, e o deseño e desenvolvemento de iniciativas de colaboración con empresas, administracións, terceiro sector, cidadanía e demais actores da sociedade civil.

Se queres colaborar con Ecobas a través dalgún proxecto…