FORMACIÓN
SEMINARIOS DE INVESTIGACIÓN
Dende ECOBAS organizamos semanalmente seminarios nos que convidamos a importantes investigadores e investigadoras, tanto propios coma pertencentes a outros centros nacionais e internacionais, a presentar os seus traballos máis recentes.
Estas actividades teñen unha duración aproximada de unha hora, e pódese asistir tanto de maneira presencial coma virtual, xa que son retransmitidos a través dunha plataforma dixital de videoconferencia. O público ten ocasión de interactuar co relator ou relatora e o resto de asistentes, tanto na modalidade presencial coma na virtual.
SEMINARIOS DE DOUTORAMENTO
Nestes seminarios convidamos a investigadoras e investigadores nas primeiras etapas da súa carreira investigadora (predoutorais e posdoutorais novas/os) a compartir con nos os seus traballos, e falarnos da súa experiencia, dende un punto máis vital, no eido da investigación.
Coma no caso dos Seminarios de Investigación ECOBAS, estas actividades teñen unha duración aproximada de unha hora, e pódese asistir tanto de maneira presencial coma virtual, xa que son retransmitidos a través dunha plataforma dixital de videoconferencia. O público ten ocasión de interaccionar co relator ou relatora e o resto de asistentes, tanto na modalidade presencial coma na virtual.
SEMINARIOS DE GRUPO
Aquí recollemos os seminarios dos investigadores e investigadoras invitados e organizados polos grupos de investigación relacionados con ECOBAS.
SEMINARIOS EXTERNOS
Informámosche sobre actividades de interese organizadas por outras entidades de investigación