GOBERNANZA

GOBERNANZA

BO GOBERNO E RENDICIÓN DE CONTAS

A actividade de ECOBAS guíase polos principios do bo goberno en relación coa administración e a rendición de contas, tanto no referente ao ámbito público coma internamente:

  • a) Competencia e capacidade como méritos fundamentais na selección de persoal e promoción do mesmo (principios OTM-R)
  • b) Innovación e apertura ao cambio
  • c) Conducta responsable, transparencia e conducta ética
  • d) Conducta xusta sobre leccións, representación e participación nos órganos de goberno
  • e) Eficiencia e eficacia na xestión de recursos públicos e aplicación dos principios financeiros responsables
  • f) Sostibilidade e planificación a longo prazo


CONSELLO REITOR

É o máximo órgano de goberno do Centro e integra a representación en materia de investigación e transferencia das tres universidades do SUG. Entre as súas funcións están a aprobación do nomeamento do Director do Centro, do plan estratéxico e das súas modificacións, da proposta de orzamentos e da programación e as memorias anuais, así como dar conta das mesmas aos consellos de goberno das universidades.

 

O Consello Reitor de ECOBAS está integrado por:

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

Belén Rubio Armesto, Vicerreitora de Investigación
Transferencia e Innovación da UVIGO

Pilar Bermejo Barrera
Vicerreitora de Política Científica da USC

Salvador Naya Fernández
Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC

Yolanda Lesmes Romero
Xerenta da Universidade de Vigo

Xavier Labandeira Villot
Director de ECOBAS

María L. Loureiro García
Directora Científica de ECOBAS

Emma Iglesias Vázquez
Secretaria de ECOBAS


DIRECTIVA

Baixo os seus respectivos ámbitos de responsabilidade, o persoal integrante da Directiva ostenta as funcións de planificación estratéxica, dirección, coordinación e supervisión da actividade do Centro.

Director: Xavier Labandeira (UVIGO)

Directora Científica: María L. Loureiro (USC)

Secretaria: Emma Iglesias Vázquez (UDC)


COMITÉ CIENTÍFICO E DE INNOVACIÓN

Orienta as liñas mestras de desenvolvemento do plan científico do Centro, supervisa e valida a Axenda de Investigación e propón accións en materia de relacións no sistema de I+D+i, convocatorias internas, avaliación de candidaturas en procesos de contratación de persoal investigador, etc.

 

O Comité Científico e de Innovación de ECOBAS está integrado por:

Director: Xavier Labandeira (UVIGO)

Directora Científica: María L. Loureiro (USC)

Secretaria: Emma Iglesias Vázquez (UDC)

Coordinador de Formación: Miguel González Loureiro (UVIGO)

Coordinadora de Transferencia: Isabel Neira (USC)


COMITÉ DE IGUALDADE

É o órgano responsable de desenvolver e implementar a política de igualdade no Centro. Está integrado por:

COMITÉ ASESOR EXTERNO

Este órgano asesor ten capacidade e competencias para monitorizar e avaliar de forma continuada a actividade do Centro e do persoal investigador vinculado. Está integrado por:

Inés Macho-Stadler
Universidad Autónoma de Barcelona (UAB), Spain

Jeroen Van der Bergh
Universidad Autónoma de Barcelona (UAB), Spain

Alberto Aragón Correa
Universidad de Granada, Spain e Honorary Professor of Management en University of Surrey, United Kingdom

Beatriz González López-Valcárcel
Universidad de Las Palmas de Gran Canaria (ULPGC), Spain

Joana Resende
Universidade do Porto, Portugal

Susana Mourato
London School of Economics (LSE), United Kingdom