evento
Conferencia “Organizar para crecer: O caso INASUS” | Cátedra de Empresa Familiar UVigo

Nacida en 1970 como un pequeno negocio familiar de carpintería de aluminio, INASUS é a historia dun proxecto empresarial que hoxe desenvolve proxectos integrais de deseño deseño, fabricación e instalación de fachadas para edificios singulares de calquera punto do globo. Proxectos de alta complexidade como a T2A do aeroporto de Heathrow (Londres), a terminal T2B do aeropuerto Charles De Gaulle (París), o edificio The Mercian (Birmingham) ou o novo estadio Santiago Bernabéu (Madrid) levan o seu selo e o seu nome a diversos puntos do globo. 

Para coñecer as claves do seu modelo e o seu proceso de internacionalización, a súa estratexia de crecemento e os retos que encara na actualidade, a Cátedra de Empresa Familiar da UVIGO organiza a conferencia "Organizar para crecer: o caso INASUS", unha nova actividade de divulgación aberta ao público xeral, que contará coa participación da presidenta da compañía de orixe lalinense, Olalla Cuíña Gómez. 

"Organizar para crecer: o caso INASUS", con Olalla Cuíña Gómez, presidenta de INASUS.

Informacións prácticas:
  • DATA: Martes 17 de novembro de 2026
  • HORA: 11:00 h.
  • LUGAR: Campus de Ourense - Aula Magna da Facultade de CC. Empresariais e Turismo da UVigo.
  • FORMATO: Presencial. Acceso libre ata completar aforo.
  • Descargar CARTAZ da actividade

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a ecobas@ecobas.gal

Máis info
evento
Seminario de Doutoramento: Suzana Alípio Bento, Universidade de Vigo

"Blockchain in Circular Supply Chains: Bibliometric Trends and Empirical Analysis of the Intention–Routinization Tension in the Biodiesel Industry"

Xoves 19 de novembro, 13 h (CET)

Suzana Alipio, alumna de doutoramento da Universidade de Vigo

Director: Miguel González Loureiro, Full Professor of Strategy and Business Internationalisation at UVigo.
    • Recibirás un email de confirmación coa ligazón de acceso.
    • Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación.
* Se asistes a este seminario e precisas dun certificado, por favor, escríbenos a . indicando os datos da túa solicitude. Se a túa asistencia é na modalidade en liña, deberás conectarte empregando o teu nome e apelido.
Máis info
nova
A paradoxa de xénero na felicidade: un estudo do caso español
Existen distintos patróns de benestar subxectivo? Como inciden os roles de xénero na nosa percepción da felicidade? Rebeca De Juan Díaz (UNED) e o investigador de ECOBAS na Universidade da Coruña, José Atilano Pena López, veñen de analizar a denominada "paradoxa de xénero na felicidade", ou por que as mulleres presentan á vez un maior benestar subxectivo e un menor benestar emocional. O seu traballo, publicado na Revista Internacional de Sociología, avanza ademais no estudo dos factores socioeconómicos, psicosociais e culturais que condicionan este fenómeno.
Máis info
evento
XXIII Encuentro de la Red Española de Elección Social

Vigo, 27 y 28 de noviembre, 2026

Organizado por la Universidad de Vigo, ECOBAS y CITMAga, el edificio Redeiras acogerá la XXIII edición del encuentor anual de la Red Española de Elección Social.

El colectivo de investigadores expertos en el área de la Elección Social compartirá durante dos jornadas sus trabajos más reciente y en curso con el ojetivo de mejorar el diálogo académico y reforzar la colaboración entre personal investigador de distintas instituciones.

Además, el encuentro contará con la participación de Philippe Solal, catedrático de Economía en la Université de Saing-Étienne y miembro del GATE Lyon Saing-Étienne (UMR CNRS 5824), investigador especializado en teoría de juegos cooperativos y en la teoría de la elección social.

📍PRESENCIAL 🙋🏻 AFORO LIMITADO

📝INSCRIPCIÓN

Cuota: 175 € · Plazo: ampliado hasta el 30 de octubre

ℹ️Visita la web oficial del congreso
Máis info
Ecobas
en cifras
Indicadores 2022-2025
Publicacións
0
Acceso Aberto
0
Teses defendidas
0
Fondos captados
0'0 M€

PROGRAMACIÓN

EVENTOS

INVESTIGACIÓN

ECOBAS conta cunha axenda de investigación plenamente aliñada cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS), enfocada nos retos globais ós que ten que facer fronte a sociedade: o cambio climático, a desigualdade, as políticas económicas, a innovación, a saúde…

RELACIÓN COA CONTORNA

ECOBAS ten a misión de converterse nun motor de cambio a través da xeración de coñecemento de calidade, axudando a resolver os problemas e necesidades da sociedade, contando cunha nutrida traxectoria de traballo e colaboración cunha ampla variedade de axentes.

FORMACIÓN

O capital humano é un piar fundamental para calquera organización, e cobra máis importancia se cabe no eido da investigación e o desenvolvemento. Dende ECOBAS promovemos tanto cursos de posgrao (doutoramento e mestrado) coma outro tipo de actividades formativas de interese, destinadas á comunidade universitaria e á sociedade en xeral.