25/03/26

Aberta a convocatoria de axudas ECOBAS 2026 para a realización de actividades de I+D+i

Como unha oportunidade para promover e apoiar a realización de actividades de I+D+I que posibiliten por parte do persoal investigador de ECOBAS o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro, con data 25 de marzo de 2026 publícase a “Convocatoria 2026 de Axudas ECOBAS para a Realización de Actividades de I+D+I” en réxime de concorrencia competitiva.

  • PERSOAS DESTINATARIAS: persoal investigador membro adscrito de ECOBAS
  • TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES FINANCIABLES:
    • Reunións científicas: Congresos, Workshops e Conferencias, Cursos, Mesas redondas, Charlas divulgativas.
    • Cursos de verán.

🗓️​ Prazo de solicitudes: aberto ata o 1 de setembro de 2026 ás 23:59 h

DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA

📥 Bases da convocatoria 2026

✏️ Anexo I. Formulario de Solicitude.

✏️ Anexo II. Declaración de axudas.

A presente convocatoria conta co financiamento de fondos da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional.

Máis información: ecobas@ecobas.gal