
Nova convocatoria intramural ECOBAS: Axudas á presentación de propostas a convocatorias europeas 25/26
ECOBAS publica a convocatoria de axudas 2025: Apoio á preparación e presentación de propostas a convocatorias europeas a través de consultorías especializadas
Con data de publicación 13 de Outubro 2025, esta convocatoria constitúe para o persoal adscrito a ECOBAS unha oportunidade para acadar apoio para a preparación e presentación de propostas a convocatorias europeas, particularmente en programas como Horizon Europe, European Research Council (ERC) grants, Marie Skłodowska-Curie Actions, LIFE, Cohesion Fund, Digital Europe Programme, Erasmus+, COST Actions, ERA-NET, Interreg, EIC ou outros de similares características, para o período 2025-2026.
As axudas están dirixidas á contratación de servizos de consultoría especializada para o persoal adscrito a ECOBAS, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das liñas estratéxicas da súa Axenda Científica e contribuír ao impulso da proxección e do prestixio científico de ECOBAS como centro de investigación de referencia en ciencias sociais.
As axudas poderán destinarse a servizos como:
- Revisión e mellora de propostas.
- Apoio na redacción técnica.
- Asesoramento sobre o axuste da proposta á convocatoria europea correspondente.
- Preparación de orzamentos e aspectos administrativos.
- Busca de socios internacionais.
A presente convocatoria conta co financiamento de fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.