Investigador/a colaborador/a para análise do impacto económico e social da tecnoloxía aplicada á mellora da saúde cardiaca
09-04-2026
CONTRATO para o proxecto NEWHEART: avaliación do impacto económico e social das novas aplicacións críticas baseadas nas tecnoloxías e probas non invasivas para a mellora da saúde cardiaca na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
REFERENCIA DA PRAZA: 2023-PI012 | Solicitudes ata o venres 9 de abril de 2026 |
Oferta de emprego para participar no proxecto NewHeart que se desenvolve no Centro de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da Universidade de Santiago de Compostela- CRETUS e no que está involucrado persoal investigador de ECOBAS para a mellora da saúde cardiaca na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
📅 Duración: 7 meses
Contrato cofinanciado un 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027
Contacto: (este email non acepta candidaturas)