EAERE Summer School 2026
Aplicacións recentes da IA na Economía Ambiental e dos Recursos Naturais
Lugar e data de celebración:📍Santiago de Compostela 📅 6 a 12 de xuño, 2026
A integración da intelixencia artificial (IA) na economía ambiental está a emerxer como un dos avances máis transformadores e prometedores para comprender e abordar os desafíos ecolóxicos do século XXI.
Nun escenario global marcado polo cambio climático, a transición enerxética e a necesidade urxente dunha xestión sostible dos recursos naturais, as ferramentas baseadas en IA ofrecen novas capacidades para mellorar a precisión analítica, descubrir relacións causais complexas e deseñar políticas ambientais máis efectivas.
Con este enfoque, o centro de investigación interuniversitario da Economía e a empresa, ECOBAS, organiza a EAERE Summer School 2026, iniciativa de ámbito europeo que vez primeira terá lugar en España como país anfitrión.
O programa combinará fundamentos teóricos, demostracións aplicadas e experiencias prácticas, permitindo ao alumnado comprender non só o potencial destas técnicas, senón tamén as súas limitacións e implicacións éticas.
Consulta o programa e a información detallada da convocatoria na web oficial do programa 🔗 EAERE Summer School 2026
📢 DATAS RELEVANTES
- 24 maio: Fin do prazo extendido para envío de solicitudes
- 22-30 de maio: Prazo de inscrición.
- 26 de maio: Data límite para a presentación dos traballos finais.
- 22 de maio: Programa definitivo.
- 6–12 de xuño: Escola de Verán.