INVESTIGACIÓN

A Axenda de investigación de ECOBAS está aliñada cos grandes retos globais aos que ten que facer fronte a sociedade.

INVESTIGACIÓN

A Axenda de investigación de ECOBAS está aliñada cos grandes retos globais aos que ten que facer fronte a sociedade.


A investigación desenvolvida en ECOBAS pon o seu foco nas prioridades da sociedade, coma son o cambio climático, a desigualdade, o envellecemento, as finanzas sostibles ou a resiliencia económica, e o fai dende o punto de vista das ciencias sociais, en particular a Economía e a Empresa, pero apoiada por outras disciplinas coma a enxeñaría, a socioloxía ou a psicoloxía.

A Axenda Científica de ECOBAS está conformada por liñas de traballo consolidadas, que contan cunha longa traxectoria detrás avalada por proxectos e publicacións de alto impacto, pero recolle tamén outras liñas de carácter emerxente relacionadas coas novas prioridades de I+D+i xurdidas no marco europeo, e temas máis situados na fronteira do coñecemento, que se sustentarán e desenvolverán coa incorporación de novos investigadores e investigadoras ó Centro.

Se queres contar con ECOBAS para desenvolver un proxecto de investigación…

Descubre toda a labor que está a levar a cabo ECOBAS:

E se queres estar ao día de todo o que acontece en ECOBAS.