10/06/2026

Bolsas ECOBAS de Inicio á Investigación 2026: publicada a listaxe de persoas con bolsa concedida

📢 PUBLICADA con data 10/06/26 a listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

A información completa desta convocatoria e toda a documentación relacionada están dispoñibles na sede electrónica da UVigo, na seguinte ligazón: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1817

BOLSAS ECOBAS DE INICIO Á INVESTIGACIÓN 2025/2026

Co obxectivo de promover a incorporación de estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS, o centro de investigación interuniversitario convoca 6 bolsas de iniciación á investigación.

📥 Instrucións e bases da convocatoria de Bolsas ECOBAS de Inicio á Investigación 2026