
26/03/2026
Seminario de Investigación Junior: Claudia Daniel Escurza, Universidade de Vigo
“Son os sistemas de cultivo alternativos máis sostibles que os convencionais? Resultados dunha revisión sistemática baseada na avaliación multicriterio”
Vigo, Xoves 26 de marzo, 13:00h (CET)
Claudia Daniel Escurza González é investigadora predoutoral na Universidade de Vigo, alumna do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial.
ECOBAS organiza este seminario coa colaboración do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
Se queres asistir, elixe a túa modalidade:
- PRESENCIAL: Vigo. Campus As Lagoas-Marcosende. Facultade de CC. Económicas e Empresariais – Aula 156.
- ONLINE: directo a través de ECOBAS Academy (vía Teams). Imprescindible a activación do REXISTRO PREVIO AQUÍ:
- Recibirás un correo de confirmación coa ligazón para acceder á retransmisión.
- Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación á hora de comezo da actividade.

