30/01/2026

Seminario de Investigación: Javier López Prol, Yonsei University – MIRAE

“O custe externo da polución na xeración fotovoltaica en Corea”

Ourense, Venres 30 de Xaneiro, 12:00h (CET)

Para participar nesta actividade, elixe a túa modalidade:

  • PRESENCIAL: Ourense. Facultade de CC. Empresariais e Turismo.
  • ONLINE: en directo via Teams. Imprescindible REXISTRO PREVIO AQUÍ:
    • Recibirás un email de confirmación coa ligazón de acceso ao seminario.
    • Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación.

Javier López Prol é doutor en Economía pola Universidade de Graz, Austria, e profesor asistente na Universidade Yonsei – Mirae en Corea do Sur. O seu traballo enfócase na mitigación do cambio climático e máis concretamente na transición enerxética, particularmente na expansión das enerxías renovables variables (solar e eólica), e na súa integración nos mercados eléctricos maioristas e minoristas. O seus intereses tamén abranguen temas de economía política internacional e desigualdade e desenvolvemento.