
16/01/2026
Seminario de Investigación: Fernando Bruna, Universidade da Coruña
“Long-run theories, economic geography, and the European business cycle”
A Coruña, Venres 16 de Xaneiro, 12:00h (CET)
Para participar nesta actividade, elixe a túa modalidade:
- PRESENCIAL: A Coruña. ESCI-Edificio de Servizos Centrais de Investigación, planta -4. Campus de Elviña.
- ONLINE: en directo via Teams. Imprescindible REXISTRO PREVIO AQUÍ:
- Recibirás un email de confirmación coa ligazón de acceso ao seminario.
- Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación.
Fernando Bruna é membro do Centro Interuniversitario ECOBAS, do Grupo de Investigación OSIM, e da área de Fundamentos da Análise Económica do Departamento de Economía da Universidade da Coruña. A súa investigación sitúase na intersección da economía e a xeografía con outras ciencias sociais (socioloxía, ciencia política, estatística, psicoloxía social). Doutor en economía cun mestrado en modelización económica aplicada, é graduado en economía, socioloxía e en ciencia política. Os seus artigos téñense publicado en revistas como Regional Studies, Spatial Economic Analysis, Economics of Innovation and New Technology, ou Journal of Happiness Studies.