23/10/2024

Inferencia causal con aprendizaxe automática: aplicación á Economía do Cambio Climático e aos riscos financeiros

Presencial e online: 23, 24 e 25 de outubro 2024

Enfocado na intersección entre a aprendizaxe automática, a inferencia causal e a súa aplicación na intelixencia artificial (IA) para abordar desafíos de sostibilidade, neste seminario coñeceremos como as técnicas de aprendizaxe automática (ML) e inferencia causal poden contribuir a solucións innovadoras en áreas coma o cambio climático e o desenvolvemento sostible.

O alumnado aprenderá, ademais, como estas tecnoloxías poden ser empregadas para entender mellor as relacións causais e mellorar a toma de decisións baseadas en datos.

ECOBAS colabora neste seminario, cofinanciado con Fondos Europeos e organizado pola USC, como parte do programa de actividades do proxecto CIBER-ECO que lidera a directora científica de ECOBAS, María L. Loureiro.