ECOBAS

ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por persoal investigador e docente das tres universidades galegas, e especializado no estudo da sustentabilidade nun senso amplo, é dicir, tanto económica, coma ambiental e social, e o facemos dende o eido das ciencias sociais, principalmente a Economía e a Empresa.


O Centro da continuidade á Agrupación Estratéxica do mesmo nome, nacida no ano 2015, e que foi a primeira unidade de investigación supragrupal en ciencias sociais e a única interuniversitaria en Galicia ata o ano 2020.

1

Converterse nun centro vertebrador da I+D+i no sistema galego de Investigación particularmente no ámbito das ciencias sociais, a través dunha axenda científica enfocada na sustentabilidade económica, ambiental e social, e aliñada con ODS (Obxectivos do Desenvolvemento Sostible) e coas principais axendas rexionais, nacionais e europeas, e fortemente conectada coas necesidades e prioridades da contorna.

2

Converterse nun motor de cambio para o desenvolvemento económico, a calidade de vida e o benestar, mediante a xeración de coñecemento que axude a resolver os problemas da sociedade. A nosa traxectoria de colaboración e traballo cunha ampla variedade de actores e axentes sociais son a nosa mellor garantía.

3

Crear un ecosistema de investigación atractivo, colaborativo e altamente internacionalizado que nos permita consolidar e atraer talento, e xogar un papel relevante na formación e capacitación de novo persoal investigador do eido da Economía e a Empresa e ciencias afíns.

CORPORATE INFORMATION

If you want to learn more about ECOBAS you can download our dossier here.


SUBSCRIBE!

If you would like to receive our newsletter to keep pace with everything happening in ECOBAS, please fill in this form.

    I accept the Privacy Policy*


    You can download our newsletters here: