Formación UVIGO. Perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria: enfoque integral

O enfoque integral ou  transversalización da perspectiva de xénero na investigación e a docencia universitaria remite á análise do modo en que se deseña a investigación, así como ao proceso de ensinoaprendizaxe das materias co obxecto de planificar accións dirixidas a omitir posibles nesgos de xénero en cada un dos seus elementos e dimensións. A súa inclusión permite, entre outros: reflexionar de forma crítica sobre as relacións de xénero e estimular o pensamento crítico; repensar as prácticas en investigación e docencia; incrementar a calidade científica e docente; incrementar a relevancia social da produción científica e transmisión de coñecemento; afondar nas necesidades sociais e responder os requirimentos crecentes de institucións  financiadoras e revistas científicas.

Cando: do 30 de maio ó 8 de xuño de 2022

Quen: dirixido a profesorado da UVigo

Máis información aquí.