Formación UVIGO: Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra

Con este curso organizado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, en colaboración con Enxeñaría sen Fronteiras e Amigos da Terra, quérese dar a coñecer os impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e noutras zonas do mundo, onde algunhas das sesións serán encontros que se realizarán aproveitando as visitas de mulleres activistas de Honduras. A través da súa testemuña visibilizarase o papel das mulleres na defensa da terra e na promoción de alternativas produtivas baseadas na economía social.

Inscricións ata o 17 de febreiro