22/04/2026

ECOBAS presenta o proxecto transfronteirizo BioTransfer

Xornada “Valorización de recursos endóxenos na eurorrexión a través da bioeconomía e a circularidade”

Coa satisfacción de ter formulado e acadado o financiamento na convocatoria competitiva do programa INTERREG para o noso primeiro proxecto de transferencia 100% interuniversitario, ECOBAS presentará o vindeiro día 22 o proxecto BioTransfer para a valorización do sector biotecnolóxico na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Neste evento para o intercambio e a conexión ciencia-empresa, presentaremos os obxectivos do proxecto, enfoque, actividades e beneficios para o ecosistema empresarial, ademáis de casos concretos de valorización de recursos por parte de pemes galegas e portuguesas. 

🗓️ Mércores 22/04/26 🕐 Horario: de 11 h a 14 h 
📍Evento exclusivamente presencial: Biopolo Sionlla en Santiago de Compostela
📥 Descarga o programa detallado (PDF)
📨 Solicita a túa INSCRICIÓN nesta ligazón

CIENCIA <==> EMPRESA

Como promotor e líder do consorcio transfronteirizo que levará adiante BioTransfer, ECOBAS estará no Biopolo Sionlla de Santiago de Compostela para a presentación do proxecto BioTransfer_GNP na Xornada “Valorización de recursos endóxenos na eurorrexión a través da bioeconomía e a circularidade”.

Para presentar este traballo de xeneración de valor para o noso territorio contaremos ese día con representantes de todas as nosas entidades socias: Clúster das Ciencias da Vida, BIOGA; a Associação Portuguesa de Bioindústria (APBIO); o Instituto Politécnico do Porto; o Instituto Politécnico de Bragança; o CVC-Centro para a Valorizacao de Residuos; e a Axencia Galega de Innovación, GAIN. 

Máis información e consultas: xestion@ecobas.gal