Workshop “A sustentabilidade do sector primario no río Miño tranfronteirizo”
O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho organiza o Workshop “A sustentabilidade do sector primario no río Miño tranfronteirizo” que terá lugar o vindeiro día 10 de novembro de 2022 ás 16:30 GL no Centro Social Polivalente do Concello de O Rosal (Rúa dos Cabaqueiros, 4, 36770 O Rosal, Pontevedra).
Programa:
16.30H Apertura do seminario
Presentación do Workshop: Ánxela Fernández Callís (Alcaldesa de O Rosal)
16.45H Presentación do Observatorio
Presentación do Observatorio das Dinámicas Transfronteirizas do Río Minho: Luis Ulloa (técnico de proxectos, AECT Río Minho)
17.00H Presentación do informe
Presentación do informe temático sobre “Sustentabilidade e Economía Verde“: Xavier Martínez Cobas (coordinador do ODT – Universidade de Vigo)
17.30H Mesa Redonda: “A sustentabilidade no sector primario”
María Victoria Álvarez Fernández (Presidenta de ACUBAM), José Augusto Martíns (responsábel de Raíz da Terra), Emilio Rodríguez Canas (Director Técnico de Terras Gauda), Armando Fontainhas (Presidente da Adega Cooperativa Regional de Monçao)
Presenta: Sandra González Álvarez (alcaldesa de Tomiño)
18.15H Peche de Xornada
Despedida do Workshop
En previsión da súa dispoñibilidade agradecémoslle a confirmación no correo electrónico ata o martes 8.