12/05/2022

Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos – María Loureiro: “A cidadanía ante o cambio climático: aspectos socioeconómicos”

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.

Xoves 12 de maio ás 19.00h (CET)

SEMINARIO WEB DE 50 MINUTOS MÁIS COLOQUIO E/OU PREGUNTAS

preinscrición

María Loureiro García, catedrática de Fundamentos de Análisis Económico, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade de Santiago de Compostela, e académica numeraria electa da RAGC. Directora científica de ECOBAS

“A cidadanía ante o cambio climático: aspectos socioeconómicos”

O cambio climático é un dos fenómenos máis globais e preocupantes ós que se enfronta a cidadanía no século  XXI. Nesta presentación  analízase como os sentimentos cara o cambio climático se expresan e se transmiten a nivel mundial e xeran posibilidades de aplicacións de políticas de mitigación e adaptación nos distintos continentes. En liñas xerais, cada vez hai máis conciencia a nivel mundial sobre a aparición do cambio climático e as súas consecuencias económicas e sociais; isto ocorre de maneira especial en países que recentemente experimentaron acontecemientos extremos. Para realizar esta análise empregamos unha base de datos que contén máis de 100 millóns de rexistros de conversacións en Twitter a nivel mundial desde o ano 2019 ata a actualidade.
Por proximidade, centrámonos no caso europeo e analizaremos de forma causal, con aplicacións empíricas microeconométricas, cómo a transición enerxética e as súas consecuencias nos prezos da enerxía afectan á percepción sobre a necesidade da política climática.

Ante calquera dúbida pódese contactar co Servizo de Cohesión Social e Xuventude en  