
09/10/2025
Curso introdutorio de R | 2ª edición
O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial organiza coa colaboración de ECOBAS a segunda edición do “Curso introductorio de R” en exclusiva para o alumnado matriculado neste programa.
Este curso, que se desenvolverá en dúas xornadas ao longo dun total de 7 horas lectivas, será impartido polo investigador de CITMAga e catedrático da UVigo Javier Roca Pardiñas.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- Persoas destinatarias: EXCLUSIVO para alumnado do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económico e Estratexia Empresarial.
- Datas: xoves 9 e venres 10 de outubro 2025.
- Horario: de 11.00 h a 14.30 h.
- Modalidade de impartición: online (vía TEAMS).
- Imprescindible INSCRICIÓN PREVIA AQUÍ. Recibirás un email de confirmación coa ligazón de acceso ao curso.