(Industrial) CyberSecurity Next Gen Leaders
Programa de capacitación para a futura xeración de líderes en ciberseguridade
🗓️ Sesión I: Mércores 15/04/26
🗓️ Sesión II: Martes 12/05/26
🕐 Horario: de 13 h a 15 h ⌛Total: 4 h lectivas
📍Só presencial: Santiago de Compostela, Facultade de CC.EE. da USC (Aula 1)
✍🏻 INSCRICIÓN (gratuita) AQUÍ 📥 Descarga o programa detallado (PDF)
No mundo hiperdixitalizado, a ciberseguridade ten cada vez un impacto máis directo na estratexia e na operativa dos negocios e empresas, en calquera sector de actividade e independentemente do seu tamaño, volume de empregados, etc. A protección dixital, a necesidade de garantizar entornos de traballo protexidos, robustos, confiables, e polo tanto sostibles, escala posicións e xa se sitúa entre as prioridades das decisións ao máis alto nivel nas organizacións.
En atención a este desafío, e coa mirada posta en preparar á próxima xeración de profesionais que terán o cometido de salvar a fenda entre os obxectivos empresariais e a seguridade técnica na Industria 4.0., ECOBAS celebra este programa de capacitación en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA.
Durante catro horas lectivas, distribuídas en dúas sesións de dúas horas de duración cada unha, abordaremos as claves e retos de ciberseguridade, nunha formación que se tornará imprescindible para as persoas que aspiren a liderar organizacións seguras, rentables e competitivas.
🎁 Ademais das pílulas formativas que che ofrecemos con este programa, ten en conta que terás tamén a posibilidade de lograr un ticket standard para asistir de balde ao Congreso VICON, Ciberseguridade Vigo, os vindeiros 17 e 18 de abril, na sede do Círculo de Empresarios de Galicia: sortearemos 2 entradas (valoradas en 30 € cada unha) entre as persoas inscritas no noso programa antes do vindeiro día 15 de abril ás 12:00 h (CET).
📥 Descarga o programa detallado (PDF) 📨 Formaliza a continuación a túa inscrición:
Máis información e consultas: xestion@ecobas.gal