23/02/2026
Winter School: IA Xenerativa para Economía e Ciencias Sociais
Queres saber como construír fluxos de traballo verificables e reproducibles que che permitan manter o control dos supostos, das fontes e da corrección, para que poidas avanzar máis rápido sen baixar os estándares na túa investigación? Nese caso, este curso é para ti.
Instructor: Aleš Maršál, Investigador Experto en IA Xenerativa
En Vigo e online | Días 23 e 24 de febreiro de 2026
⬇️ DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO (PDF) 👉 SOLICITA AQUÍ A TÚA INSCRICIÓN
As persoas participantes neste curso aprenderán a:
- Comprender de maneira básica por que funcionan os LLM.
- Seleccionar o tipo de modelo acaído (xeral fronte a “razoamento”; texto fronte a multimodal) e establecer expectativas de fiabilidade.
- Usar marcos de prompts que poidan escalarse a tarefas de investigación reais (resultados estruturados, few-shot, bucles de crítica).
- Converter textos/documentos desordeados en datos estruturados (extracción, clasificación, codificación) con rastros de auditoría.
- Usar LLM con ferramentas para a limpeza de datos, a análise, a visualización e a replicación, mantendo os resultados reproducibles.
- Aplicar métodos de grounding (conceptos de recuperación/RAG) e hábitos de verificación para reducir as alucinacións.
- Usar o “vibe coding” para construír portas de API para recuperar e limpar datos, realizar análises econométricas e interpretar resultados.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- O curso será impartido integramente en inglés.
- Formato híbrido: PRESENCIAL na Facultade CC. EE. da UVigo, Aula 156 // ONLINE en ECOBAS Academy (recibirás un correo cos datos de acceso coa confirmación da túa inscrición).
- PERSOAS DESTINATARIAS: persoal adscrito a ECOBAS, persoal con vinculación ao Centro (predoc e posdoc), alumnado do Programa de Doutoramento Interuniverstario en Análise Económica e Estratexia Empresarial ou doutros programas de doutoramento do SUG, cando a dirección de tese corresponda a un IP de ECOBAS.
Máis información e consultas: