16/06/2022

Workshop “Transformación de materiais para a economía circular”

Xoves, 16 de Xuño ás 10:00h (CEST)

Ciclo “Sustentabilidade e circularidade dos materiais”

LOCALIZACIÓN: CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol)

As persoas que asistan poderán coñecer de primeira man procesos de transformación dos materiais atendendo a dúas vertentes: o rescate de materias primas procedentes de materiais refugados e a optimización do uso de materias primas escasas e do consumo de enerxía necesaria para producir novos materiais de forma máis sustentable.

Durante a primeira parte do workshop, que será retransmitida online, representantes da empresa Lavelle Europe e da Asociación de Recicladores de Construción e Demolición presentarán casos prácticos relativos a este tipo de procesos marcados pola sustentabilidade.

A continuación, terá lugar un taller práctico de carácter presencial a cargo de Materially no que tamén será presentado un estudo estratéxico sobre exemplos de materiais a nivel internacional cuxa sustentabilidade e adaptación aos criterios da economía circular foi mellorada a través dos procesos de transformación.

Programa do Workshop

Formulario de inscrición para asistencia presencial ao workshop completo (prazas limitadas).

Formulario de inscrición para conexión vía streaming á parte expositiva do workshop