Excelencia científica | Programa de formación continua para persoal investigador
A misión de ECOBAS é a de converterse nun centro de investigación de excelencia e vertebrador de la I+D+i no eido das ciencias sociais para dar resposta aos grandes retos e desafíos da sociedade, na súa dimensión económica, social e medioambiental. A produción de coñecemento baixo esta premisa require acadar unha investigación de excelencia e de fronteira e para iso precisamos de sistemas de selección, supervisión e avaliación que garanticen a máxima calidade, pensando tanto nos recursos humanos que integran o Centro, como nas actividades e prácticas que nel desenvolvemos.
Con este obxectivo e como instrumento ao servizo da produción do coñecemento do persoal investigador, poñemos en marcha o Programa de Formación Continua Excelencia Científica, orientado a dar cumprida resposta aos obxectivos descritos no Plan Estratéxico de ECOBAS mediante accións específicas dos seus tres eixos de actuación:
- ECOBAS RESEARCH, acción 1.4: programa de mellora da produción científica
- ECOBAS TRAINING, acción 2.5: formación en habilidades transversais e competencias técnicas
- ECOBAS OPEN SCIENCE & RRI, acción 6.1: xestión de datos de investigación
Coñece aquí a axenda de actividades do Programa de formación continua Excelencia Científica para ABRIL 2024 (PDF)
PROGRAMACIÓN ABRIL 2024
-
18/04/24: TESES DOUTORAIS con Ana Olveira Blanco
-
19/04/24: PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS con Antonio Álvarez Pinilla
-
25/04/24: OPEN ACCESS con Belén Rubio Armesto
-
26/04/24: INTELIXENCIAS ARTIFICIAIS XENERATIVAS con Miguel González Loureiro
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- Persoas destinatarias: persoal investigador permanente, posdoutoral e predoutoral do eido das Ciencias Sociais.
- Horario: de 12.00 h a 13.00 h
- Modalidade de impartición: híbrida síncrona
- Lugar: online (Microsoft Teams) e presencial nas distintas ubicacións de ECOBAS (consultar axenda).
Máis información e consultas: