Formación UVIGO: Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra

Con este curso organizado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, en colaboración con Enxeñaría sen Fronteiras e Amigos da Terra, quérese dar a coñecer os impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e noutras zonas do mundo, onde algunhas das sesións serán encontros que se realizarán aproveitando as visitas de mulleres activistas de Honduras. A través da súa testemuña visibilizarase o papel das mulleres na defensa da terra e na promoción de alternativas produtivas baseadas na economía social..

Cando: 23 de febreiro, 3 e 30 de marzo; 27 de abril; 11 de maio; 15 de xuño

Quen: Dirixido a alumnado da UVigo. No caso de quedar prazas vacantes poderán acceder outros perfís.

Profesorado:

  • Águeda Gómez Suárez: profesora titular do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política, Administración e Filosofía, e directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
  • Xavier Simón Fernández: profesor titular do departamento de economía aplicada e director do Observatorio Eólico de Galicia.
  • Patricia Iglesias Fernández: técnica de educación para a cidadanía global. Pertencete a Amigos da terra.
  • Sergio Fernández Alonso: Ttécnico de proxectos de cooperación e educación para a cidadanía global. Pertencente a Enxeñaría sen Fronteiras.
  • AGARESO: consultora especializada en comunicación no terceiro sector

Inscricións ata o 17 de febreiro en Bubela.

Máis información no enlace.