07/07/2025

ECOBAS Summer School 2025

Tralo éxito da primeira edición da Summer School de ECOBAS o pasado ano, a área de formación do noso centro de investigación lanza unha nova convocatoria de verán para a mellora da capacitación técnica e o impulso á innovación metodolóxica para o desempeño profesional do persoal investigador de nova xeración.

Introducción ao Deseño Experimental: Aplicacións ao Mundo da Empresa e a Economía

A Coruña, 7 e 8 de xullo de 2025

Este curso, destinado ao personal investigador en Ciencias Sociais e especializado no estudo da sostibilidade no seu triple eixo, servirá para:

  • Comprender cando é apropiado o uso da metodoloxía experimental;
  • Coñecer en que consiste un experimento e os diferentes tipos que existen;
  • Aprender as nocións básicas para o deseño e execución dun experimento de laboratorio;
  • Coñecer as diferentes ferramentas dispoñibles para a elaboración dun experimento.

DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA DETALLADO (PDF)

SOLICITA AQUÍ A TÚA INSCRICIÓN

  • PRAZO de solicitudes aberto ata o 30 de xuño de 2025.
  • PRAZAS LIMITADAS: a aceptación das solicitudes ou a inclusión na lista de agarda será comunicada por correo electrónico ás persoas socitantes.