06/10/2022

Webinarios para a preparación de propostas á convocatoria Consolidator Grant 2023 (USC)

Para axudar na preparación de propostas a FECYT organiza 2 webinarios:

Webinar I: cómo preparar una propuesta ERC- Consolidator Grant 2023

Día e hora: xoves 06 de Out. (10:00 – 12:00)

Link de rexistro: https://attendee.gotowebinar.com/register/863049983320669451

Os Puntos Nacionais de Contacto do ERC impartirán este seminario, no que se contará coa presenza do Representante Español do Comité de Programa de ERC. Explicaranse os aspectos básicos da convocatoria: novidades do WP2023, proceso, paneis e criterios de avaliación, formato da proposta. Seguidamente aprofundarase na parte curricular (Sections B1b y B1c) para concluír coa resolución colectiva das dúbidas sobre a convocatoria e esta primeira parte curricular.

Webinar II: aprendendo de ERC- Consolidator Grant 2021

Día e hora: xoves 24 de Nov. (10:00 – 12:00)

Máis información: https://www.horizonteeuropa.es/webinars-erc-consolidator-grant-2023

Neste webinario transmitiranse consellos e suxerencias para solicitar unha ERC Consolidator Grant 2023 a través da experiencia de tres persoas (beneficiarios e antigos membros dos paneis de avaliación, un por cada dominio científico que interviñeron na pasada convocatoria resolta ERC-CoG2021.

Pola súa parte, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), organiza este venres, 7 de outubro, un taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2023, no marco do programa Oportunius.

Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2023

Día e hora: venres 7 de Out. (10:00 – 13:00)

Link de rexistro e programa: http://gain.xunta.gal/eventos/516/oportunius+taller+online+preparacion+propostas+convocatoria+erc+consolidator+grants+2023

No taller participará Martín Fañanás-Mastral, investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares – CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela, gañador dunha Consolidator Grant 2019; así como Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Máis información:  

Horizonte Europa – ERC Consolidator Grant 2023

Webinarios para a preparación de propostas á convocatoria Consolidator Grant 2023

Nos próximos días, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) van organizar varios seminarios para dar apoio na preparación de solicitudes para a convocatoria ERC Consolidator Grant 2023.

A convocatoria Consolidator Grant 2023 está aberta a investigadores e investigadoras de calquera nacionalidade que conten con 7 a 12 anos de experiencia desde a finalización do seu doutoramento. O financiamento estándar cubre ata 2 millóns de euros por un período de 5 anos, cubrindo ata o 100% dos custos totais elixibles e unha contribución do 25% dos custos indirectos.