Itinerario de Innovación para a Transferencia | OBRADOIRO 2
2º WORKSHOP: xoves 21 de marzo de 2024
A área de Transferencia de ECOBAS pon en marcha este itinerario para traballar na potenciación da capacidade do persoal investigador do Centro en materia de transferencia, incrementando as posibilidades de colaboración internas e a xeneración de solucións innovadoras que supoñan un impacto significativo a nivel social, económico e ambiental na nosa contorna.
As dinámicas das sesións servirán para impulsar os procesos de co-creación do persoal investigador, dar continuidade ás propostas nacidas do Sprint de Innovación do pasado mes de novembro e buscar a máxima eficiencia do noso modelo de transferencia.
Chamamos á participación activa de TODO o persoal investigador de ECOBAS neste estimulante itinerario, tanto IPs coma investigadores pre e posdoutorais vinculados, idealmente de maneira presencial ou online se esta é a alternativa posible.
INSCRICIÓN PECHADA PARA ESTA ACTIVIDADE
Click aquí para descargar o programa detallado (PDF)
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- Persoas destinatarias: persoal investigador de ECOBAS permanente, posdoutoral e predoutoral.
- Data: xoves 21 de marzo de 2024.
- Horario: de 12.00 h a 14.30 h.
- Modalidade de impartición: híbrida síncrona.
- Lugar: online (Microsoft Teams) e presencial na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC.
- Imprescindible inscrición previa.