Estratexias e Alianzas para a Igualdade: Análise en clave de beneficios, singulares e colectivos
Con este obxectivo, contaremos nesta ocasión coa intervención de Laura Seara, avogada de formación cunha longa traxectoria pública en materia de igualdade. Secretaria de Estado de Igualdade e Directora Xeral do Instituto da Muller do Goberno de España (2009-2011), participou activamente no desenvolvemento da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Informacións prácticas:
- Descarga o PDF co PROGRAMA da sesión.
- DATA: Xoves 5 de marzo de 2026
- HORARIO: de 12:00 h a 13:30 h.
- LUGAR: Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Campus Norte. Santiago de Compostela.
- INSCRICIÓNS:
- Solicita aquí a túa inscrición PRESENCIAL (aforo limitado).
- Para seguir o evento online en directo, imprescindible o REXISTRO PREVIO AQUÍ.
- Recibirás un correo de confirmación coa ligazón para acceder á retransmisión
- Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación á hora de comezo da actividade
Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a ecobas@ecobas.gal
Winter School: IA Xenerativa para Economía e Ciencias Sociais
⬇️ DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO (PDF) 👉 SOLICITA AQUÍ A TÚA INSCRICIÓN
As persoas participantes neste curso aprenderán a:
- Comprender de maneira básica por que funcionan os LLM.
- Seleccionar o tipo de modelo acaído (xeral fronte a “razoamento”; texto fronte a multimodal) e establecer expectativas de fiabilidade.
- Usar marcos de prompts que poidan escalarse a tarefas de investigación reais (resultados estruturados, few-shot, bucles de crítica).
- Converter textos/documentos desordeados en datos estruturados (extracción, clasificación, codificación) con rastros de auditoría.
- Usar LLM con ferramentas para a limpeza de datos, a análise, a visualización e a replicación, mantendo os resultados reproducibles.
- Aplicar métodos de grounding (conceptos de recuperación/RAG) e hábitos de verificación para reducir as alucinacións.
- Usar o “vibe coding” para construír portas de API para recuperar e limpar datos, realizar análises econométricas e interpretar resultados.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- O curso será impartido integramente en inglés.
- Formato híbrido: PRESENCIAL na Facultade CC. EE. da UVigo, Aula 156 // ONLINE en ECOBAS Academy (recibirás un correo cos datos de acceso coa confirmación da túa inscrición).
- PERSOAS DESTINATARIAS: persoal adscrito a ECOBAS, persoal con vinculación ao Centro (predoc e posdoc), alumnado do Programa de Doutoramento Interuniverstario en Análise Económica e Estratexia Empresarial ou doutros programas de doutoramento do SUG, cando a dirección de tese corresponda a un IP de ECOBAS.
Máis información e consultas:
Anticipándonos aos riscos dixitais 👇 Inscrición aberta!
Con este espírito abrimos o prazo de inscrición para a participación gratuita neste foro, o CIBERECO Lab, que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o mércores 25 de febreiro. Alí daranse cita profesionais da ciberseguridade, responsables empresariais, investigadores da academia, responsables públicos, corpos de seguridade do Estado e tamén representantes da nova xeración de talento mozo que se está a formar nas aulas para coidar da nosa seguridade dixital.
En ECOBAS, como centro de investigación interdisciplinar ocupado no estudo da economía dende a óptica da sostibilidade, abordamos unha ampla axenda temática onde inserimos a análise dos impactos transversais e masivos da disrupción tecnolóxica global en termos socioeconómicos. Por iso queremos convidarvos a asistir a este foro de coñecemento, no que descubrir fórmulas para protexer a vida e os negocios na contorna dixital, a cada paso máis complexa.
👉👉👉 INSCRÍBETE AQUÍ
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- LUGAR: Santiago de Compostela. Cidade da Cultura - Edificio CINC.
- DATA: Mércores 25 de febreiro de 2026
- HORARIO: de 9.30 a 18.30 h (consultar programa)
- FORMATO: presencial
- Imprescindible INSCRICIÓN AQUÍ
Ernesto Rodríguez Cuervo, CEO de MRF, compartirá a súa visión internacional no seo da Cátedra da Empresa Familiar que dirixe Elena Rivo
SOBRE MRF
Con máis de 50 anos de traxectoria, MRF Solutions presta servizo integral de deseño e fabricación de accesorios en aceiro e solucións para a carrocería industrial e outros sectores industriais. En 2025 recibiu o recoñecemento do Instituto de Gobernanza Empresarial, entidade que lle outorgou o "Distintivo de Buen Gobierno Corporativo", que valora os aspectos de gobernanza e sostibilidade; equilibrio de poderes; seguemento e control; e rendición de contas.
Máis info: https://mrfsolutions.com/es/
Loita contra a discriminación nas cadeas de valor da pesca e a acuicultura
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- LUGAR: VIGO. Edificio Redeiras UVigo. Rúa da Ribeira do Berbés, 11 - 36202 Vigo.
- DATAS: 12 e 13 de febreiro de 2026
- HORARIO: sesións de tarde (consultar programa)
- FORMATO: híbrido
- Imprescindible INSCRICIÓN AQUÍ
Coloquio 11F "Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero?"
EVENTO HÍBRIDO
- ONLINE: segue o evento en directo na canle de ECOBAS en YouTube.
- PRESENCIAL na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo (Salón de Graos). Completa a túa inscrición:
Descarga AQUÍ o CARTAZ do evento









