11/02/2026

Coloquio 11F “Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero?”

Moito se leva falado nos últimos tempos sobre Intelixencia Artificial. A irrupción masiva desta tecnoloxía nas nosas vidas fixo que moitas actividades cotiás sexan agora delegadas ás máquinas, tanto no terreo laboral coma no persoal, de ocio ou mesmo a nivel relacional. É momento de analizar os impactos.

O certo é que tarefas e funcións antes só posibles baixo a ollada e a supervisión das persoas, se desenvolven agora sen pasar o filtro dun cerebro humano. Por iso, partindo da necesaria aplicación da perspectiva de xénero, temos varias preguntas clave: É a IA neutral? Como xurden os sesgos? Que podemos facer para combatilos?

ECOBAS convídate a unirte e a esta conversa para poder afondar na reflexión informada e deseñar a partir de aquí iniciativas que contribúan a seguir mellorando esta tecnoloxía en pro da igualdade de xénero. Este 11F contamos cun plantel de luxo para abordar esta cuestión apaixoante e determinante para a nosa sociedade. 

Agardámosvos o Mércores 11 de febreiro ás 12 horas. A sesión será conducida pola investigadora de ECOBAS e membro do noso Comité de Igualdade, a catedrática Coral del Río, quen dirixirá a conversa con:

  • Ángeles Sanromán, directora científica do CINTECX.
  • Rebeca Díaz, investigadora de AtlanTTic.
  • María Loureiro, directora científica de ECOBAS.

 

EVENTO HÍBRIDO

  • ONLINE: segue o evento en directo na canle de ECOBAS en YouTube.
  • PRESENCIAL na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo (Salón de Graos). Completa a túa inscrición:

    Indica o teu perfil:

    Indica a Universidade á que pertences:

    ****

    Descarga AQUÍ o CARTAZ do evento

     

    EVENTO HÍBRIDO

    • ONLINE: segue o evento en directo na canle de ECOBAS en YouTube.
    • PRESENCIAL na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo (Salón de Graos). Completa a túa inscrición:

      Indica o teu perfil:

      Indica a Universidade á que pertences:

      ****

      Descarga AQUÍ o CARTAZ do evento