05/03/2026

Estratexias e Alianzas para a Igualdade: Análise en clave de beneficios, singulares e colectivos

En ECOBAS, como cada ano, celebramos o Women’s International Day cun encontro de reflexión e diágolo aberto a toda a comunidade universitaria. 

Os avances en materia de igualdade debuxan a día de hoxe un panorama ben distinto en moitos eidos da vida profesional, cultural e social, onde os roles de xénero están a experimentar transformacións de diversa índole.

Neste camiño de transformación e dende a nosa responsabilidade como Centro de Investigación Interdisciplinar en Ciencias Sociais, convidámosvos a participar no debate público informado, especialmente no actual contexto de polarización política, onde a conversa pública ha de ser máis construtiva ca nunca. 

Con este obxectivo, contaremos nesta ocasión coa intervención de Laura Seara, avogada de formación cunha longa traxectoria pública en materia de igualdade. Secretaria de Estado de Igualdade e Directora Xeral do Instituto da Muller do Goberno de España (2009-2011), participou activamente no desenvolvemento da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Informacións prácticas:

  • Descarga o PDF co PROGRAMA da sesión.
  • DATA: Xoves 5 de marzo de 2026
  • HORARIO: de 12:00 h a 13:30 h.
  • LUGAR: Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Campus Norte. Santiago de Compostela.
  • INSCRICIÓNS:
    • Solicita aquí a túa inscrición PRESENCIAL (aforo limitado).
    • Para seguir o evento online en directo, imprescindible o REXISTRO PREVIO AQUÍ.
      • Recibirás un correo de confirmación coa ligazón para acceder á retransmisión
      • Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación á hora de comezo da actividade

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a