A Xestión Xurídica dos Residuos no ámbito local: regulación, gobernanza e indicadores xurídicos

Ademais de dar a coñecer a orientación e a aportación de valor que traerá consigo o proxecto LEGISWASTE para a xestión de residuos por parte das entidades locais, ao longo da sesión teremos a oportunidade de:

  • Analizar os retos actuais da regulación ambiental e da xestión de residuos.
  • Debater sobre os desafíos asociados á implementación das políticas de residuos.
  • Revisar o papel das administracións públicas na aplicación das políticas de economía circular.

Promotores:

Esta actividade conta coa colaboración de COREGAL, do CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- e do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS.

 

 


A economía dos eventos extremos e dos ciberataques

Esta investigación trata de concienciar e documentar os cambios en patróns sobre ciber riscos, e como a xeopolítica xoga un papel importante para compañías públicas e privadas. A súa contribución pasa tamén por promover un diálogo sobre a unificación internacional de políticas internacionais para a ciberseguridade, co fin de conter na maior medida do posible a súa disruptividade en canto ao seu impacto socioeconómico, tendo en conta que as infraestruturas críticas convertéronse no novo obxectivo principal para os atacantes.

💻O evento, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias como parte do ciclo de sesións científicas "Os martes da Academia", será retransmitido vía Zoom.

✍🏻Imprescindible inscrición previa, aquí.

 

 

 


Formación Básica en Materia de Igualdade

Este curso proporcionará ao alumnado os coñecementos fundamentais sobre:

  • o marco normativo existente en materia de igualdade en España
  • os aspectos que interveñen na elaboración das políticas públicas de igualdade
  • o marco de desigualdades estruturais e discriminación nos distintos ámbitos da vida -persoal, familiar, laboral…
  • as estratexias, alianzas, mecanismos e instrumentos para combater a desigualdade

🧑🏻‍🏫 Instrutoras: Laura Seara Sobrado e Aida Barreto dos Santos

🗓️ Inicio: 18/03/26 – Finalización: 18/05/26 ⌛Total: 40 h lectivas 📍 Presencial en Ourense ou online

⬇️ DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO (PDF) 👉 SOLICITA AQUÍ A TÚA INSCRICIÓN

Máis información e consultas:


Finanzas, xénero e historia: Outra economía é posible

Xornadas 8M | “Finanzas, xénero e historia: outra economía é posible”

Martes 4/03/2026 na Biblioteca da FEE

  • 11:30 – 13:00 h     Obradoiro “Capital e xénero: representación en cartaces e narrativas históricas”. 
    • Tamara González López, docente e investigadora da Universidade da Coruña.
    • Dra. Ángeles Longarela Ares, investigadora de ECOBAS, docente da Universidade da Coruña, representante da OIX na FEE da UDC.
  • 13:00 – 15:00 h     Mostra bibliográfica“Mulleres que contan: a presenza feminina no sector financeiro”. Entrega de guías explicativas para as persoas asistentes, co persoal da Biblioteca da FEE. A mostra estará dispoñible durante todo o mes de marzo.

Mércores 5/03/2026, Salón de Graos da FEE

  • 9:30– 10:00 h        Rexistro e benvida ás persoas asistentes
  • 10:00 – 10:15 h      Apertura das xornadas coa Decana da Facultade de Economía e Empresa da UDC e representante de igualdade (OIX) da Facultade de Economía e Empresa.
  • 10:15 h – 13:00 h   Charlas-coloquio “Banca, xestión e mulleres: retos e logros cun enfoque histórico”
    • “Mitos e verdades sobre as prácticas financeiras das mulleres na Idade Moderna”. Elizabeth García Gil, docente e investigadora da Universidade de Málaga.
    • “As accionistas do Banco de España: primeira aproximación (1856–1962)”. Susana Martínez Rodríguez, docente e investigadora da Universidade de Murcia.
    • “¿Inflúe o xénero en como xestionamos o diñeiro? Evidencia e debates desde a investigación académica”. Yolanda Cotelo Ouréns, docente e investigadora da Universidade da Coruña.
  • 13:00 – 14:00 h      Presentación do libro “Entre el poder y la subsistencia: la empresa española en clave femenina, ss. XVIII-XX” 
    • Elvira Lindoso Tato, docente e investigadora da Universidade da Coruña
    • Dra. Tamara González López, docente e investigadora da Universidade da Coruña
  • 16:00 – 18:00 h       Mesa redonda “Investimentos e perfil investidor en clave de xénero: cuestións de actualidade”
    • “Presentación de resultados da XIII Edición da Enquisa Mulleres e Finanzas e do programa EFPA de Educación Financeira”. Alejandra Pérez Peña, Delegada Territorial do Comité de Servizos a Asociados de EFPA España en Galicia.
    • “Xestión da autonomía financeira máis alá do inmediato. Finanzas e investimento con perspectiva de xénero”. María Mira Reymúndez, consultora económico-financeira, MFIA – Estrategias de Inversión.
    • “A masculinidade no ecosistema cripto: diferenzas de xénero e condutas de risco”. Francisco José Casado Garrocho, sociólogo e doutorando da Universidade de Santiago de Compostela.