A economía dos eventos extremos e dos ciberataques
Con María Loureiro, Catedrática de Fundamentos de Análise Económica na USC, Directora Científica de ECOBAS e Académica da RAGC.
📅Martes 7 de abril 2026 ás 18:30 h (CET)
A transformación dixital a nivel mundial é unha realidade, e os ciberataques están a aumentar a súa importancia, tanto dende unha perspectiva xeopolítica coma en termos económicos. A directora científica de ECOBAS, María Loureiro, presenta os resultados do traballo desenvolvido durante os dous últimos anos co proxecto estratéxico CIBERECO.
Esta investigación trata de concienciar e documentar os cambios en patróns sobre ciber riscos, e como a xeopolítica xoga un papel importante para compañías públicas e privadas. A súa contribución pasa tamén por promover un diálogo sobre a unificación internacional de políticas internacionais para a ciberseguridade, co fin de conter na maior medida do posible a súa disruptividade en canto ao seu impacto socioeconómico, tendo en conta que as infraestruturas críticas convertéronse no novo obxectivo principal para os atacantes.
💻O evento, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias como parte do ciclo de sesións científicas “Os martes da Academia”, será retransmitido vía Zoom.
✍🏻Imprescindible inscrición previa, aquí.