A Xestión Xurídica dos Residuos no ámbito local: regulación, gobernanza e indicadores xurídicos
I Seminario LEGISWASTE
Oleiros, 17 de abril de 2026 | De 10 a 14 h | Encontro presencial
Co obxectivo de abordar os desafíos relacionados coa implementación de políticas ambientais a nivel local, onde a normativa frecuentemente enfronta barreiras de aplicabilidade, coherencia e eficacia, a investigadora de ECOBAS e profesora na Universidade da Coruña Itziar Sobrino dirixe o proxecto de investigación LEGISWASTE, no marco do cal terá lugar este primeiro seminario, no que abordaremos os retos xurídicos e de gobernanza na xestión de residuos dentro do contexto da transición cara á economía circular.
O encontro ofrecerá un espazo de diálogo entre a investigación xurídica e a práctica administrativa en materia de residuos, favorecendo a transferencia de coñecemento entre ambas esferas, tal como prevé o plan de traballo deste proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Ademais de dar a coñecer a orientación e a aportación de valor que traerá consigo o proxecto LEGISWASTE para a xestión de residuos por parte das entidades locais, ao longo da sesión teremos a oportunidade de:
- Analizar os retos actuais da regulación ambiental e da xestión de residuos.
- Debater sobre os desafíos asociados á implementación das políticas de residuos.
- Revisar o papel das administracións públicas na aplicación das políticas de economía circular.
Promotores:

Esta actividade conta coa colaboración de COREGAL, do CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- e do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS.