04/03/2026

Finanzas, xénero e historia: Outra economía é posible

A presenza e participación activa da muller nos escenarios financeiros será o eixo das actividades en torno ao 8M na Facultade de Economía e Empresa (FEE) da UDC, onde un plantel de persoas expertas na materia ofrecerán unha nova mirada ao futuro, partindo da atención e o estudo pormenorizado do acontecido no pasado.

Un obradoiro, unha mostra bibliográfica, unha charla-coloquio, unha mesa redonda e a presentación dun libro compoñen a variedade de actividades que terán lugar na FEE da UDC os días 4 e 5 de marzo, co gallo do 8M.

A investigadora de ECOBAS e representante da Oficina para a Igualdade de Xénero na FEE, Mª Ángeles Longarela Ares, coordina a organización destas actividades, abertas a toda a comunidade universitaria.

Descarga aquí o programa completo

Solicita aquí a túa inscrición e participa

Xornadas 8M | “Finanzas, xénero e historia: outra economía é posible”

Martes 4/03/2026 na Biblioteca da FEE

  • 11:30 – 13:00 h     Obradoiro “Capital e xénero: representación en cartaces e narrativas históricas”. 
    • Tamara González López, docente e investigadora da Universidade da Coruña.
    • Dra. Ángeles Longarela Ares, investigadora de ECOBAS, docente da Universidade da Coruña, representante da OIX na FEE da UDC.
  • 13:00 – 15:00 h     Mostra bibliográfica“Mulleres que contan: a presenza feminina no sector financeiro”. Entrega de guías explicativas para as persoas asistentes, co persoal da Biblioteca da FEE. A mostra estará dispoñible durante todo o mes de marzo.

Mércores 5/03/2026, Salón de Graos da FEE

  • 9:30– 10:00 h        Rexistro e benvida ás persoas asistentes
  • 10:00 – 10:15 h      Apertura das xornadas coa Decana da Facultade de Economía e Empresa da UDC e representante de igualdade (OIX) da Facultade de Economía e Empresa.
  • 10:15 h – 13:00 h   Charlas-coloquio “Banca, xestión e mulleres: retos e logros cun enfoque histórico”
    • “Mitos e verdades sobre as prácticas financeiras das mulleres na Idade Moderna”. Elizabeth García Gil, docente e investigadora da Universidade de Málaga.
    • “As accionistas do Banco de España: primeira aproximación (1856–1962)”. Susana Martínez Rodríguez, docente e investigadora da Universidade de Murcia.
    • ¿Inflúe o xénero en como xestionamos o diñeiro? Evidencia e debates desde a investigación académica”. Yolanda Cotelo Ouréns, docente e investigadora da Universidade da Coruña.
  • 13:00 – 14:00 h      Presentación do libro “Entre el poder y la subsistencia: la empresa española en clave femenina, ss. XVIII-XX” 
    • Elvira Lindoso Tato, docente e investigadora da Universidade da Coruña
    • Dra. Tamara González López, docente e investigadora da Universidade da Coruña
  • 16:00 – 18:00 h       Mesa redonda “Investimentos e perfil investidor en clave de xénero: cuestións de actualidade”
    • “Presentación de resultados da XIII Edición da Enquisa Mulleres e Finanzas e do programa EFPA de Educación Financeira”. Alejandra Pérez Peña, Delegada Territorial do Comité de Servizos a Asociados de EFPA España en Galicia.
    • Xestión da autonomía financeira máis alá do inmediato. Finanzas e investimento con perspectiva de xénero”. María Mira Reymúndez, consultora económico-financeira, MFIA – Estrategias de Inversión.
    • “A masculinidade no ecosistema cripto: diferenzas de xénero e condutas de risco”. Francisco José Casado Garrocho, sociólogo e doutorando da Universidade de Santiago de Compostela.