Ernesto Rodríguez Cuervo, CEO de MRF, compartirá a súa visión internacional no seo da Cátedra da Empresa Familiar que dirixe Elena Rivo
A directora da Cátedra de Empresa Familiar da UVigo e investigadora de ECOBAS Elena Rivo organiza unha nova actividade de achegamento co tecido empresarial: “Mecanizados Rodríguez Fernández: unha perspectiva internacional”.
O director xeral de MRF, Ernesto Rodríguez Cuervo, protagonizará esta charla-coloquio aberta ao alumnado e á cidadanía, na que abordará as estratexias que levaron a esta empresa ourensá a expandirse a máis de corenta países dende que comezara a súa actividade exportadora en 1990.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- DATA: 19 de febreiro de 2026 ás 18 h
- LUGAR: Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Fcetou Ourense) | Campus Auga Universidade de Vigo, Ourense
- FORMATO: híbrido. Para seguir a retransmisión do evento online en directo, preme nesta ligazón.
SOBRE MRF
Con máis de 50 anos de traxectoria, MRF Solutions presta servizo integral de deseño e fabricación de accesorios en aceiro e solucións para a carrocería industrial e outros sectores industriais. En 2025 recibiu o recoñecemento do Instituto de Gobernanza Empresarial, entidade que lle outorgou o “Distintivo de Buen Gobierno Corporativo”, que valora os aspectos de gobernanza e sostibilidade; equilibrio de poderes; seguemento e control; e rendición de contas.
Máis info: https://mrfsolutions.com/es/