
12/02/2026
Loita contra a discriminación nas cadeas de valor da pesca e a acuicultura
A decana da Facultade de Relacións Internacionais da UVIGO e investigadora de ECOBAS Laura Carballo Piñeiro organiza esta xornada internacional, que durante dous días reunirá a representantes dos axentes implicados no desenvolvemento das políticas laborais na pesca e na acuicultura, sectores produtivos de importancia estratéxica para a nosa economía e que conforman un dos alicerces esenciais da nosa sociedade e a nosa cultura.
Con especial foco nas problemáticas de seguridade e saúde no traballo para a protección de mulleres e nenas como colectivos especialmente vulnerables, o encontro titulado “Loita contra a discriminación nas cadeas de valor da pesca e da acuicultura”, conta coa colaboración e participación do colectivo Mulleres Salgadas, COST-Action Blue Rights, a ONG I Exist Too, Conservation Alliance for Seafood Solutions, The Seafaer’s Charity e o Mininsterio de Ciencia e Innovación.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- LUGAR: VIGO. Edificio Redeiras UVigo. Rúa da Ribeira do Berbés, 11 – 36202 Vigo.
- DATAS: 12 e 13 de febreiro de 2026
- HORARIO: sesións de tarde (consultar programa)
- FORMATO: híbrido
- Imprescindible INSCRICIÓN AQUÍ
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- LUGAR: VIGO. Edificio Redeiras UVigo. Rúa da Ribeira do Berbés, 11 – 36202 Vigo.
- DATAS: 12 e 13 de febreiro de 2026
- HORARIO: sesións de tarde (consultar programa)
- FORMATO: híbrido
- Imprescindible INSCRICIÓN AQUÍ