06/02/2026

Mesa-Coloquio: Tendencias en Investigación de Marketing

ECOBAS organiza unha sesión para coñecer as tendencias de investigación que están a orientar os traballos de marketing no seu cruce de camiños coa perspectiva da sostibilidade empresarial e as estratexias de responsabilidade social corporativa das organizacións empresariais.

Contaremos nesta mesa coa participación de:

  • Alicia Blanco González, Catedrática de Organización e Investigación de Mercados da Universidad Rey Juan Carlos e investigadora experta en Teoría Institucional, reputación, comportamento do consumidor, sostibilidade e xestión estratégica dos activos intanxibles.
  • Beatriz Palacios Florencio, Profesora Contratada Doutora da área de Marketing na Universidad Pablo de Olavide, membro do grupo de investigación Innovación y Marketing para un Entorno Global Sostenible especializada en responsabilidade social corporativa (RSC) no sector turístico.

A sesión será conducida polo director adxunto de ECOBAS e Catedrático da Universidade de Vigo, Pablo Cabanelas Lorenzo.

Descarga AQUÍ o CARTAZ do evento.

EVENTO HÍBRIDO