ECOBAS na G-Night 2024: Noite Galega das Persoas Investigadoras
Coordinado pola Universidade de Vigo. e baixo o lema Conciencias Creativas, este macro evento acolle obradoiros e exhibicións grazas á participación do persoal investigador das principais entidades do ecosistema galego de I+D+i. Unha chea de contidos científicos se abrirán á cidadanía de forma simultánea nas sete cidades galegas. A información completa e a axenda programada para cada unha das cidades, dispoñible na web oficial do evento.
Así, para coñecer un anaquiño do traballo que desenvolve o persoal investigador de ECOBAS:
✅ En Vigo estaremos de novo no Edificio Redeiras, na Ribeira do Berbés, cun espazo propio na expo-feira científica organizada pola UCC+i da Universidade de Vigo no que o investigador Gustavo Bergantiños ae o director adxunto do noso Centro, Xavier Labandeira, que a través da teoría de xogos, co dilema do prisioneiro, ou o sistema de subastas, explicarán á mocidade e o público adulto como tomar decisións axeitadas para acadar un beneficio social colectivo. Así coñeceremos como a investigación en Ciencia Económica contribúe a crear unha sociedade máis xusta.
✅ En A Coruña ofreceremos dúas charlas en LA OLÍMPICA bar, rúa Alfredo Vicenti 39:
- "Buscando estilos de vida sostibles co proxecto 1.5º LIFESTYLES", a cargo da investigadora de ECOBAS Adina Dumitru e Óscar Blanco Domíguez, ás 19:40 horas.
- "A traxedia dos comunais: Unha visión desde a economía e os comics", a cargo do investigador de ECOBAS Manuel Alberto Gómez Suárez
O proxecto Galician Night of Researchers é un evento asociado á MSCA e Cidadanía, unha iniciativa da Unión Europea financiada por Marie Sklodowska Curie Actions.
III Xornadas IUEM: "Novas perspectivas para a regulación, control e xestión dos verquidos de plásticos ao mar"
Xoves 26 e venres 27 de setembro 2024
- Consulta aquí o programa detallado
- Descarga aquí a axenda das xornadas
- PRAZAS LIMITADAS. Imprescindible inscrición aquí.
- CERTIFICADO DE ASISTENCIA para os asistentes.
O evento conta coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación ambiental de Galicia (CEIDA), onde se desenvolverán o acto de inauguración e a conferencia inaugural o xoves día 26/09 pola mañá: sede CEIDA en Illa Santa Cruz s/n 15179 Porto de Santa Cruz, Oleiros.
O resto do programa terá lugar na Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas da Universidade da Coruña, Campus de Riazor: Praza da Mariña Mercante, s/n 15011 A Coruña.
Libra de Oficio con Jorge Blázquez (BP) “Descarbonizando a economía: Luces e sombras na transición enerxética”
Co formato de seminario-conferencia de transferencia do coñecemento, ECOBAS abre este espazo con persoas referentes no ámbito empresarial por liderar os seus proxectos dende a perspectiva da sostibilidade económica, ambiental e social.
Nesta ocasión, o acto de portas abertas anima á participación activa da cidadanía para afondar nos avances e as dificultades que os distintos sectores produtivos están a encarar no complexo proceso de transición enerxética cara a unha economía descarbonizada.
INSCRICIÓN PECHADA PARA ESTA ACTIVIDADE
A sostibilidade na toma de decisións na empresa e na Administración
Organizada polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), a feira pretende ser un punto de encontro para emprendedoras e persoas interesadas en crear redes de colaboración social e económica que promovan un modelo de desenvolvemento ao servizo das persoas. O programa completo do evento estará dispoñible nos próximos días, e os organizadores animan á participación para fomentar o debate e a creación de sinerxías entre os distintos axentes sociais.
Centrada este ano na economía feminista e dos coidados, a sexta edición desta feira terá lugar do 24 ata o 27 de setembro co principal obxectivo de promover unha cidadanía socialmente responsable e comprometida coa transformación social, destacando o papel que as mulleres e os coidados xogan nunha economía máis equitativa.
Xornada | Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas
Analizaranse os elementos e riscos xurídicos a ter en conta nos procesos de preparación contractual para levar a cabo unha xestión estratéxica destes contratos, de acordo cos obxectivos da política comunitaria de economía circular e a Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular, e a súa normativa de desenvolvemento vixente e en proceso de aprobación (envases e residuos de envases, pilas e acumuladores, aparellos eléctricos e electrónicos, desperdicio alimentario, téxtil, mobles e enseres, etcétera).
Durante as sesións presentaranse boas prácticas e recomendacións que contribúan á preparación axeitada destes contratros por parte das entidades locais. Así mesmo, o encontro pretende xerar un marco metodolóxico de colaboración entre as entidades locais para crear e divulgar coñecemento xurídico aplicado ao ámbito local, e contribuir así ao desenvolvemento de capacidades e medidas eficaces destinadas á consecución dos obxectivos públicos locais en materia de residuos e xestión eficiente dos recursos.
- XORNADA: Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas
- Consulta aquí o PROGRAMA COMPLETO das xornadas sobre contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais
- DATA: luns 23 e martes 24 de setembro de 2024
- LUGAR: Salón de Actos do Cersia. Rúa do Alcalde Raimundo López Pol. 15707 Santiago de Compostela.
- ASISTENCIA PRESENCIAL: imprescindible inscrición previa.
- INSCRICIÓN: preme aquí para realizar a solicitude de inscrición.