
12/09/2024
Xornada | Envases alimentarios sostibles
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza este encontro en Santiago de Compostela para situar ás empresas no novo marco lexislativo en materia de envases de produtos alimentarios e as obrigas que implica, aspectos dos que se encargará o investigador de ECOBAS Juan José Pernas.
As empresas participantes coñecerán tamén as ferramentas de ecodeseño que poden apoiar a reducción do impacto ambiental dos envases; e os diferentes Sistemas Colectivos de Responsabilidade
Ampliada do Produtor (SCRAPs).
- XORNADA: Envases alimentarios sostibles: ecodeseño, marco lexislativo e papel dos SCRABs.
- Click aquí para DESCARGAR pdf PROGRAMA COMPLETO: Xornada sobre envases alimentarios sostibles.
- DATA: xoves 12 de setembro de 2024
- HORARIO: de 9.30 a 13.00 h
- LUGAR: Edificio FEUGA. Santiago de Compostela.
- ASISTENCIA PRESENCIAL: imprescindible inscrición previa.
- INSCRICIÓN: será preciso completar a solicitude a través deste formulario online antes do 11 de setembro ás 14.00 horas.