26/09/2024

Libra de Oficio con Jorge Blázquez (BP) “Descarbonizando a economía: Luces e sombras na transición enerxética”

Jorge Blázquez, asesor para a transición enerxética e análise de sistemas de BP en Londres e membro do Consello do British Institute for Energy Studies, é o convidado da vindeira edición da nosa Libra de Oficio.

  • DATA: xoves 26 de setembro de 2024
  • HORARIO: de 18.30 a 20.00 h
  • LUGAR: Salón do Consello de Goberno da Universidade da Coruña. Rúa da Maestranza, 9. 15001 A Coruña.
  • IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA para asistir presencialmente.

Co formato de seminario-conferencia de transferencia do coñecemento, ECOBAS abre este espazo con persoas referentes no ámbito empresarial por liderar os seus proxectos dende a perspectiva da sostibilidade económica, ambiental e social. 

Nesta ocasión, o acto de portas abertas anima á participación activa da cidadanía para afondar nos avances e as dificultades que os distintos sectores produtivos están a encarar no complexo proceso de transición enerxética cara a unha economía descarbonizada.

 INSCRICIÓN PECHADA PARA ESTA ACTIVIDADE