27/09/2024

ECOBAS na G-Night 2024: Noite Galega das Persoas Investigadoras

ECOBAS, único Centro de Investigación de carácter Interuniversitario acreditado como Centro Colaborativo da Rede CIGUS, volverá este ano a ser parte activa da Noite Europea das Persoas Investigadoras. A G-Night terá lugar de novo en Galicia na tarde-noite do vindeiro 27 de setembro, coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixe temático dunha chea de actividades.

Venres 27 de setembro 2024

Coordinado pola Universidade de Vigo. e baixo o lema Conciencias Creativas, este macro evento acolle obradoiros e exhibicións grazas á participación do persoal investigador das principais entidades do ecosistema galego de I+D+i. Unha chea de contidos científicos se abrirán á cidadanía de forma simultánea nas sete cidades galegas. A información completa e a axenda programada para cada unha das cidades, dispoñible na web oficial do evento.

Así, para coñecer un anaquiño do traballo que desenvolve o persoal investigador de ECOBAS:

✅ En Vigo estaremos de novo no Edificio Redeiras, na Ribeira do Berbés, cun espazo propio na expo-feira científica organizada pola UCC+i da Universidade de Vigo no que o investigador Gustavo Bergantiños ae o director adxunto do noso Centro, Xavier Labandeira, que a través da teoría de xogos, co dilema do prisioneiro, ou o sistema de subastas, explicarán á mocidade e o público adulto como tomar decisións axeitadas para acadar un beneficio social colectivo. Así coñeceremos como a investigación en Ciencia Económica contribúe a crear unha sociedade máis xusta.

✅ En A Coruña ofreceremos dúas charlas en LA OLÍMPICA bar, rúa Alfredo Vicenti 39:

O proxecto Galician Night of Researchers é un evento asociado á MSCA e Cidadanía, unha iniciativa da Unión Europea financiada por Marie Sklodowska Curie Actions.